![]() |
|
A PLATAFORMA POR UN PAC EN CAMARIÑAS CONVOCA UNHA MOBILIZACIÓN PARA O VINDEIRO DÍA 18. Veciños de Camariñas manifestaranse en Santiago en demanda dun PAC para a vila o vindeiro sábado día 18 de marzo. Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
Transfer interrupted!por un PAC en Camariñas.Nesta asamblea, douse conta os veciños da actual situación aberta trala negativa, con presencia policial incluída, de recibir a membros da directiva da plataforma por parte do conselleiro de sanidade, Xosé María Hernandez Cochon, a pasada semana. O longo dunha hora a directiva da plataforma fixo un pormenorizado percorrido pola actividade desenvolta nas últimas xornadas, así coma polas últimas medidas adoutadas por este ente nos últimos días. Así deuse conta igualmente da solicitude vía postal dunha entrevista co presidente do executivo, Manuel Fraga. Finalmente Manuel Alonso de Leon, voceiro da plataforma, solicitou a asistencia e o apoio non só de tódolos presentes, senón tamén da maioría dos veciños de Camariñas, para que asistan á mobilización deste sábado. A directiva da plataforma comprometeuse a facilitar o transporte ese día a todos aqueles veciños que o dexesaran. A directiva da plataforma quixo pedir así mesmo que esta demanda non se politice, sendo esa unha das razóns de que se concretase a data da manifestación para a fin de semana posterior as eleccións.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|