![]() |
|
O MAR DE MUXIA LÉVASE Á TRIPULACIÓN DO 'PANCHITO'. Catro mariñeiros afogados e un desaparecido no naufraxio do pesqueiro 'Panchito', co base en Laxe. Información
ofrecida por
Radio Nordés-Cadena Ser
O sinistro produciase a primeiras horas do Luns 20, cando o 'Panchito', unha embarcación de 19 toneladas e 16 metros de eslora, con punto de amarre en Laxe, faenaba na zona conocida como Enseada do Cuño, próxima ó Cabo de Touriñán, no municipio de Muxía. As causas que se apuntan desde Salvamento Marítimo inciden na posibilidade de que fora un golpe de mar o causante do naufraxio, xa que había ventos de forza seis e ondas de mar de fondo de ata tres metros, ainda que as causas que os mariñeiros da zona baralljan, e eles son os verdadeiros coñecedores do mar, son de que o pesqueiro tocase algún fondo, xa que a zona non tiña moito calado e no casco do barco hai indicios de que puidese ter tocado e algunha rocha. Dous helicópteros, o 'Helimer'
e o 'Costa 1', están realizando as tarefas de rastreo aéreo,
mentras que son catro as embarcacións encargadas de acercar os
buzos ás inmediacións do casco do barco: tratase da 'Serra
do Barbanza', a 'Ría de Vigo', a 'Salvamar Atlántico'
e a 'Taín' da Cruz Vermella de Laxe. O
operativo terrestre está integrado por efectivos da Guardia Civil,
de Protección Civil e da Cruz Vermella de Laxe. NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|