Amamos os libros, e ti?
InicioLibreriaLibrosPedidosLigazónsEncargos
 

Ela, Maldita alma.
Manuel Rivas.

 Nesta escolma composta por trece relatos reencontrámonos co escritor que emocionou a tantos lectores con libros como O lapis do carpinteiro e ¿Que me queres, amor?, este último galardoado co Premio Torrente Ballester e co Premio Nacional de Literatura de 1996.

A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a distinguirse por esa distancia compasiva e benhumorada, comprensiva e solidaria que, sen embargo, non elude nunca a realidade do mal. Ese mal que xamais triunfa por completo, porque sempre haberá un paxaro que cante, unha bolboreta que voe ou un neno que diga a palabra inocente e redentora... En Ela, maldita alma está o mellor Manuel Rivas    

 
 Librería Libros Pedidos Ligazóns Encargos 
 
trazos@finisterrae.com
 
ISBN 
84-8288-282-1 

P.V.P. 1.620 ptas.