| Coast
of Death
Costa de la Muerte Côte-de-la-Mort Küste von Tod |
|
|
Os barcos de Costa de Malpica sairon a faenar mércores, carta feira, cando o resto da frota galega permanecia amarrada. Mentres toda a opinión pública centraba a sua atención na rotura da comporta do peirao malpicán, os mariñeiros decidiron desafiar o mal tempo e saír a faenar. O resultado foi a captura de 85 T de xurelo, cubrindo 15 barcos o tope de medidas máximo permitido (o mar ten sistemas de medidas propio, cada unidade é aproximadamente o contido dunha caixa de madeira tipo). Mariñeiros consultados pola Costa da Morte Web afirman que se vive unha situación angustiosa en toda a Costa pola falta de peixe. Hai unhas semanas considerouse facer unha parada biolóxica para a sardiña. O prezo do xurelo chegou ás 320 pesetas o que supón unha subida do 640% con respecto ao prezo medio acadado de verán na mesma especie. Os resultados económicos do mar inciden directamente no resto da economia das comarcas da Costa. Os mercados locais teñen unha tendencia á baixa ou á suba na venda de productos en función dos resultados da frota. Ramón é un técnico do comercio
e o calzado, fillo e neto de zapateiros, que ten posto fixo nas feiras
de Fisterra, Cee, Muxia, Corme, Camelle, Carballo e Malpica, pedímoslle
que valorase a influencia da pesca na zona para a Internet toda:
"cando o mar don dá, a feira tampouco".
|
|