|
|
![]()
|
|
A Liga da Costa da Morte en Internet Marco
Antonio Sande (Radio Nordés-Cadena Ser).
A priori, un grupo de seis equipos formado por: Camariñas, Castriz, Lira, Carnota, U.C. Cee e Soneira son os favoritos a logralo ansiado ascenso a primeira rexional. O primeiro deles está sendo adestrado por Berto; un ex-xogador que entre outros equipos militou no Malpica, clube que na actualidade figura en rexional preferente. O conxunto da vila palilleira de Camariñas amósase intratable. Os xogadores máis importantes da plantilla son Mario e Silvariño (recentemente fichados do C.D.Baio), ademáis de Vidal, Pepucho e Sergio. O Castriz é levado polo 'tandem' que forman Manuel García e Rubén Mata; este último, complementa a actividade de adestrar coa de xogar, comezou a prácticar fútbol con dezanove anos, conta agora con vintenove e é, sen lugar a dúbidas, un dos mellores xogadores da costa. No equipo de Santa Comba forma tamén Doro, seguido de preto polos técnicos do Bergantiños, o seu presidente, Rogelio Antelo, ven de declarar abertamente en Radio Nordés Cadena Ser estar 'seriamente interesado na súa fichaxe'. Xa en Lira, Alfredo, un home de forte carácter, ex-xogador profesional do Celta, combina ó igual que Mata, a función de adestrador-xogador nun conxunto que tanto en Senior como en xuvenís e infantís, figura nos primeiros postos da clasificación. Pola súa banda o Carnota, rival por autonomasia do Lira é adestrado por Xosé Carlos ex-porteiro do U.C.Cee. Este equipo presenta na presente tempada un grupo de xogadores liderado por Ramón, corpulento xogador que leva o peso do equipo tanto en defensa como no centro do campo, difícil de marcar, cun forte disparo e un excelente xogo aéreo. Da tarefa técnica do U.C.Cee encárgase o poeta Manolín, ex-xogador profesional do Deportivo. Este é un dos técnicos que posee o título de adestrador e ostenta o record de Copas da Costa no seu haber, concretamente nove. A escuadra ceense, é un dos equipos que mellor fútbol está a desplegar, se cabe, conta cun grupo de xogadores moi importante: Floreal, Luís, Xosé Manuel 'Pato'... reseña-la baixa de Pesca que foi fichado pola S.D.Fisterra (1ª rexional) o pasado día doce de novembro. Este xogador estivo encadrado nas categorías inferiores do At. de Madrid e debido á nostalxia do seu fogar, contaba tan só con catorce anos, voltou para a súa vila, Fisterra, e logo de pasar nun mesmo ano polo Bergantiños, Soneira e Cee decide voltar o equipo que o viu nacer como xogador. Outro dos grandes futbolistas que, nos anos setenta, e logo da súa andaina polos clubes da Costa, asinou por un clube profesional, neste caso o Cádiz, foi o actual adestrador do Soneira, José Ramón Gómez, máis coñecido no argot futbolístico por 'Sieso'. Este clube ven de facer unha grande tempada. Partía co obxetivo de manterse na categoría, pero no banco, contaba co antes nomeado Manolín que colocou ó conxunto na terceira posición. Partía o Soneira esta tempada coas baixas das fichaxes feitas por Manolín (Leoncio, Marco, Pesca e Lekumberri), o gran traballo feito en pretempada por Sieso, confiando e formando os xogadores da casa, fan que o clube continúe nos postos de cabeza. En resumo, a Liga da Costa (segunda rexional) amósase verdadeiramente apaixoante, competición que tódolos lectores poderán seguir aquí ou, máis polo miúdo nos deportes de Radio Nordés Cadena Ser de luns a sábado no 92.2 da F.M. da man de Marco Antonio Sande. NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
|||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|