| O
eterno veladoiro do Faro Vilán
A ría
de Camariñas é un claro exemplo da pequena ría
da Costa da Morte. Protexida pola Ponta da Barca de Muxía
e polo Cabo Vilán,
a vila vive ás costas dun espacio natural bravo e hostil
no que despunta o espectacular Faro Vilán, testemuño
insomne de centos de naufraxios e senlleiro habitante desta dramaticamente
belida costa.
O Faro
Vilán, o primeiro faro galego a suministro eléctrico,
garda ao tránsito marítimo lonxe das afiadas costas
de Soneira e sinala a proximidade do porto
de Camariñas, un dos máis importantes de Galicia
por tonelaxe de capturas. O porto foi ampliado desmantelando o Castelo
do Soberán, do que incluso se aproveitaron os seus canóns
para o amarre dos barcos.
O
Castelo do Soberán é ponto de partida para excursións
polo espacio natural do cabo Vilán, declarado Sitio Natural
de Interese Nacional polo seu grande atractivo paisaxístico
e riqueza biolóxica. Polo camiño costeiro trazado
a rentes de lindas praias arríbase ao Cemiterio
dos Ingleses, á enseada de Trece e Monte Branco, e á
parroquia de Camelle.
Para
saberes máis sobre Camariñas :
Concello de Camariñas : Praza da
Insua, 57 / 981 73 60 00
Onde
durmir:
Hostal La Marina
Para
coñecer mellor esta fermosa terra, xa pode mercar os libros
na Librería Trazos.
|