![]() visite os nosos anunciantes |
|
Primeira
medida para tratar de controlar o gando mostrenco dos montes da bisbarra.
Información
ofrecida por Radio Nordés-Cadena Ser.
Outra das medidas adoutadas no transcurso desta reunión foi a de que as reses teñan unha acreditación do control sanitario o que deben estar sometidas e que nestes momentos non é respetado. Segundo o rexedor carnotan, Manuel García, en moitos casos este gando chega a manterse comendo restos de lixo en varios vertedoiros da zona, con conseguinte perigo para a saúde pública se esta carne chega a entrar na cadea alimenticia, coa súa comercialización. Para acollerse a estas medidas, o concello carnotan tivo que aplicar a última das normas existentes neste senso, e que se remonta á lexislación posterior. Dende o concello carnotan faise un chamamento os propietarios para que, no prazo de cortesía acordado, se apresten a acondicionar este gando. Este prazo rematará o vindeiro un de Febreiro, momento no que o concello, segundo declarou o rexedor Manuel García, aplicará esa lexislación e pasará a prohibir este gando indocumentado.
NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!
|
|
||||||||||||||
Para
subscribirse ao boletín de finisterrae.com:
|