Vimianzó é a capital galega da cría de avestruz
O macho reproductor págase a 700.000 pesetas
 

Xosé Manuel Lema 
Ponte do Porto. 

Cando hai aproximadamente tres anos o viciño de Vimianzo, Eliseo Vázquez Barbeito decidiu crear unha granxa de avestruces, moitos dubidaron da súa viabilidade económica, xa que o descoñecemento sobre esta ava exótica era moi grande e, en pouco tempo, situou a Granxas Lumon como a primeira empresa galega neste sector, posuíndo actualmente a metade do censo autonómico de avestruces. 

Na actualidade, no recinto habilitado na chamada Recta de Ogas, na saída de Vimianzo mirando cara o mítico castelo soneirán dos Altamira, concéntranse todos os dias grupos de curiosos de diversa procedencia para ver estes animais, ou para interesarse polo negocio. 

Unha das xerentes e filla do propietario, Montse Vázquez, contounos que as avestruces teñen un prezo bastante alto, xa que un macho reproductor estase pagando a 700.000 pesetas e un polo de tres meses por riba das 100.000, en contraposición, a parte positiva radica en que todo é aproveitable na ave corredora: unllas, plumas, ovos, carne, pestanas, pel e ata as graxas se poden comercializar con seguridade. 

A súa carne forma parte dos menús de moitos restaurantes de Santiago, Coruña ou Vigo e distribúese por toda España e en países coma Francia. 

Granxas Lumon agarda os trámites burocráticos para poder escomezar a sacrificar especies no matadoiro comarcal da Costa da morte. 

Nestes momentos contan con 225 aves, que se alimentan de pienso, fariña de millo, herba ou verdura, e teñen unha esperanza de vida media de setenta anos. 

A iniciativa xa callou na terra de Soneira e o viciño Lema Rodríguez pagou máis de 1.200.000 pesetas para adquirir unha ducia de avestruces, converténdose deste xeito no segundo criador da comarca. 

Outro dato a ter en conta, e que pode ser unha grande nova a curto prazo, son os estudios hematolóxicos e bioquímicos, realizados este verán por parte dun centro de investigación, co fin de determinar se hai órganos que se poidan transplantar a seres humanos, despois de serlle extraidos ás avestruces. 

Os médicos basean a sua hipótese na coincidencia do tamaño dos órganas e na sua lonxevidade. O que está claro é que isto trátase, desde o punto de vista empresarial, dun sinónimo de boa vista industrial dun home da terra de Soneira e un atractivo turístico máis, que se suma aos non poucos cos que goza esta terra brava. 
 

HUMOR :-)
 
Tamén lles gusta o millo...
 

 Fotomontaxe: WCM 

 
Hai hoxe oito dias...
 
 
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com