Os batáns de mosquetín serán rehabilitados 
Futuro esperanzador para unha obra maestra da primitiva enxeñeria técnica galaica. 
  

Xose Manuel Lema  

Despois de seis anos de reivindicacións e varios séculos condenados ao esquecemento, a Deputación provincial da Coruña decidiuse a rehabilitar esta xoia etnográfica, para darlle un enfoque activo e orientado a ser un dos puntos turísticos máis importantes da Costa da Morte. 

O batán producto do enxeño da arquitectura popular, unha primitiva industria textil do rural galaico, formada por un aparello de madeira pouco traballada, con pezas conectadas entre si a presión, e que serve para aproveita-la forza da corrente dos rios a xeito de muíño, para mover unhas palas que acaban golpeando os teares do liño. 

Co mazado deste vexetal chegábase á conversión textil da especie linácea.  

Os batáns de mosquetín no término municipal de Vimianzo están catalogados no século XVI, e compóñense de tres muíños e outros tantos batáns, que viñan padecendo unha preocupante degradación progresiva, que de non ser polas denuncias do asociacionismo comarcal, hoxe serían un abismo na memoria. 

Estas factorias pre-industriais xa aparecen no Quijote, e estiveron activas ata mediados deste século en Asturias e Galicia. 

O futuro que lle agarda ao complexo de Mosquetín é esperanzador, xa que despois da súa limpeza, o conxunto vai funcionar como un ecomuseo, onde se instalará unha taberna típica, na que se poida degustar troitas frescas e pan artesanal. 

O que semellaba unha utopía, é unha realidade unha vez superados os numerosos atrancos, entre os que destacaba a falta de entendemento entre os propietarios e ante a inexistencia dun organismo sensibilizado, ata que o técnico cultural da Deputación coruñesa, Felipe Senén, expresou o interese da entidade pola rehabilitación, dos que segundo eles son os derradeiros batáns da terra de Breogán. 

Foto 1: Cortesia da Exma. Deputación da Coruña. 

Foto 2: Libro A Costa da Morte do Sol: a mellor guia para visitar a Costa da Morte. A punto de esgotarse a segunda edición ! 
  

Hai hoxe oito dias...
 
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Informacións, suxestións e críticas a : costadamorte@finisterrae.com