Semana santa abre estación turística 98 
 Previsión de continuidade no incremento anual de visitantes á Costa da Morte.
  
Anxo Abelaira   

O novo ano turistico que comeza coa Semana Santa caracterizarase pola continuidade da progresion positiva no numero visitantes e de oferta de servizos turisticos. A Costa da Morte configurase como grande destino turistico para comezos do segundo milenio.

Importantes cambios socioeconomicos veñen definindo a historia das terras e xentes da Fisterra galega desde hai 30 anos. Duns indices macroeconomicos parellos aos dun pais do terceiro mundo, a Costa da Morte convertiuse neste tempo nunha das comarcas de mais prometedoras oportunidades economicas de Galicia. Xunto ao revolucionario desenvolvemento do seu tecido productivo, un novo entrante comeza a pesar na economia rexional : o Turismo.

Motivado desde o nacemento do turismo interior, o progresivo aumento de visitantes vén animando ás economias familiares da Costa da Morte a investir en infraestrutura turistica hosteleira. Este crecente investimento do sector privado ten encontrado recentemente resposta na politica de promoción turística dos organismos publicos galegos, que comezan a privilexiar a rexion nas suas campanhas publicitarias.

A rexistrada confirmación da Costa da Morte como zona de preferencia turistica, pese ao contexto non favorable de restruturacion e recesión economica, configura estes montes e costas como destino turístico maior na UE para comezos do proximo milenio.

O boom turistico nas Fisterras atlánticas europeas

Esta industria que actualmente está a emerxer en Galicia e na Costa da Morte ten experimentado idéntico proceso no resto das Fisterras atlánticas europeas. Tras a recuperacion economica posterior á II Guerra Mundial, estes países de parellos indices socioeconomicos e idiosincrasia cultural ao galego viñeron definir un novo turismo diferente do estacional de masas. Millóns de visitantes de todas partes do mundo repiten cada ano lecer nos espectaculares e rurais escenarios fisterráns, lonxe do estrés das cidades, envoltos nun seducinte e máxico marco cultural.

Neste ano 1998 o turismo celta repetirá os resultados das tempadas anteriores. A verde Irlanda e a noble Escocia principais destinos turísticos de Europa occidental. Os habitantes de Gales e da Cornualla serán sixtiplicados por mor dos turistas. Bretaña tratará repetir o abraiante dado tirado en 1997 que confirmaba á Galicia francesa como primeira rexión turística na Francia por riba da tradicional Costa Azul.

As claves do futuro turístico da Costa da Morte

Todavia na busca dun favorable marco para a economia galega dentro da UE, a industria turística galega estase a beneficiar indiscutiblemente dos avanzos e melloras en infraestruturas básicas, notadamente as de comunicación terrestre.

A diferente implicación dos poderes públicos determinará a aceleración deste natural proceso de configuración de Galicia e da Costa da Morte como principais destinos turísticos, en concreto a mellora do transporte ferroviario, creación de ligazóns marítimas coas Illas Británicas, apoio ao investimento privado en infraestruturas e comercialización, promoción exterior, e máis control da política urbanística e doutros mecanismos integradores dos entrantes turísticos na economia rexional.



O sábado dia 11, durante todo o dia, no estánd de Radio Neria, apresentación da Tenda  do Encaixe de Camariñas, un web confeccionado en distintas linguas para a promoción e venda do encaixe. Ven a coñecernos ! 
 

Hai hoxe oito dias...
 
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com