|
|
Manuel L. Pan
Claro está que si non ten previsto vir é porque ainda non a coñece, xa que quen nos visita repite. Repite porque se quedan abraidaos polas paisaxes, repiten porque as nosas xentes son do mellor, repiten porque os nosos productos unha vez postos enriba dunha mesa convencen a calquera pola sua naturalidade e frescura, pero tamén repiten porque NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER. Eu por exemplo quero propoñerlles unha rota visitando todos aqueles puntos da zona que destacan polo pulo da súa artesanía. Na Costa da Morte temos a sorte de contar cunha cantidade de artesáns inmensa, ainda que moitos deles a día de hoxe non se consideren tales, sinon que ainda ven a súa profesión de toda a vida como un oficio, e na maioría dos casos están infravalorados. Os productos son nosos, arrincados da mesma terra, as mans son as nosas, as afeitas a traballar eses productos toda a vida, e os afortunados somos todos, que podemos ainda a día de hoxe disfrutar duns bos zocos ou zapatos feitos a man, da Cerámica de Buño ou Carnota para usar e decorar nas nosas casas, do Liño de Baio para decorar os nosos corpos, do Encaixe de Camariñas para poder agasallar a calquera e quedar como unha reina, ou poder ollar os nosos esforzados mariñeiros nas lobores do mar, os verdes prados de Xallas, traballados polos incansables labregos, ou mesmo, porque non, visitar o obradoiro de calquera panadeiro da zona e mercar o pan de Carballo recén saido do forno. Estimados amigos e visitantes, tan só teño unha cousa que dicirvos, vinde a visitar a Costa da Morte, ainda que só sexa para ver bater o fero mar no Roncudo, ou en Cabo Fisterra, ou en Cabo Touriñán, ou no Vilán, ou, ou ............ |
|