Festa do Pan de Carballo
Coa entrada do verán, a vila de Carballo exalta o seu producto gastronómico máis recoñecido, o seu pan, producto do seu trigo.
 
Redacción 
 
Ainda hoxe en día hai en Carballo, e en Bergantiños, panadeiros que cocen en fornos de pedra, cunha capa interior de barro, os cales utilizan a leña como combustible. 

Son estes os verdadeiros artesáns do pan. Pero o segredo mellor gardado é o de aqueles que ainda utilizando tecnoloxías de ultima xeración, consiguen que o pan de Carballo sexa distinto do feito noutras zonas de Galicia. 

Falando con algúns dos panadeiros, comentan que seguramente sexa do tipo de auga coa que conta esta zona, xa que un panadeiro de Carballo que intente facer o pan sen esta auga nunca lle sairá igual. 

Nin que decir ten que esta é unha boa ocasión para acercarse a esta vila, como tamén o é calquera outra data do ano, xa que nos restaurantes de Bergantiños e de casi toda a Costa da Morte se conta con este tipo de pan. 
 

FESTA DO PAN DE CARBALLO
31 de maio de 1.998
na antiga estación de autobuses

PROGRAMA DE ACTOS: 

10,30h : Apertura da Festa 

11,00h: Pasarruas dos gaiteiros da Asociación San Cristovo. 

12,00h: Inauguración da Festa polo Ministro de Sanidade e Consumo, o Sr. D. Manuel Romay Becaría. 

17,00h: Taller de Panadería (haberá un forno funcionando in-situ, construido para a occasión. 

18,00h: Homenaxe os panadeiros máis vellos, e amasado en vivo polos mamos. 

18,00h: Entra de premios os gañadores dun concurso de radio, realizado pola organización. 

19,00h: Exhibición de baile galego a cargo das agrupacións Agazo de Baldaio, Arume de Verdillo e o Centro Cultural Alfredo Brañas de Carballo. 

22,00h: Concerto de Folk de "Fia na Roca" 

Esta festa esta organizada conxuntamente polos propios panadeiros, os cales se atopan moi unidos, e por AXOBER (Aociación de Xoves Empresarios de Bergantiños). 
 

Hai hoxe oito dias
 
  
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
  
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com