O AMBICIOSO PROGRAMA  "DESCUBRIENDO MILENIOS" PONSE EN MARCHA NA COSTA DA MORTE
A iniciativa mobilizará a varios milleiros de persoas, e ten por obxecto o estudio de todo o relacionado coas comarcas nerias.
 
 

Redacción  
 
O pasado 6 de xullo botábase a rodar na vila de Cee o programa que baixo o nome de "Descubriendo milenios" puxo en marcha a asociación supramunicipal Neria, integrada polos concellos de Cabana, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Laxe, Mazaricos, Dumbria, Muxia, Vimianzo e Zas, e que é o plan estrela de cantos esta entidade xestionou polo momento, o abeiro do programa europeo Leader II. 

"DESCUBRIENDO MILENIOS" é un programa formativo que contempla un total de 52 conferencias de variedade temática: xeografía, historia, turismo, patrimonio, etnografía, cultura, medio-ambiente, gastronomía, etc., cada unha delas distribuídas polos doce concellos nerios, e impartidas por expertos da categoria de Felipe Senén, Manolo Rivas, Xosé Maria Bello ou mesmo Xosé Maria Lema Suárez. 

O obxectivo primordial é o de realizar un profundo diagnóstico destas comarcas e busca-la autoidentificación dos veciños, ademais de converter o noso territorio nun foro de saber e de coñecemento, para remexer nas nosas peculiaridades e analisa-lo futuro que se nós presenta, sacando conclusión propia e adaptadas a realidade destas terras. 

Paralelamente a esta rota de charlas semanais e que se prolongarán ininterrompidamente durante todo un ano, varios investigadores traballan nun estudio histórico, que servirá para a realización dunha grande base de datos comarcal que estará o dispor de paisanos e visitantes a nivel impreso e informatizado. 

Durante cada charla, a empresa encargada de coordinalo programa INGESC, Ingeniería y Gestión Culturales, está a entregar un dossier informativo, cos datos máis relevantes de cada un dos temas de cada disertación para ir sensibilizando os asistentes ós actos. INGESC, tamén elabora un arquivo fotográfico dixitalizado e facilitará o acceso ás novas vías telemáticas, entre outras iniciativas de "descubriendo milenios". 

Estamos sen dúbida ante un plan que deixará unha fonda pegada neste ámeto xeográfico e que supón unha aposta forte, pola defensa do patrimonio e do pasado, como unha das mellores ferramentas para construilo futuro, e que está mobilizando a un sector importante da poboación e acadando a atención de diferentes medios de comunicación. 
 

Hai hoxe oito dias
 
  
 
Novos recoñecementos: 
 
Mining Com selecciónanos como mellor da Rede.
 
A Revista Web escóllenos entre os 10 máis Hispanos.
  
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com