AS CASTAÑAS OCUPAN TODAS AS NOSAS FEIRAS
 
Castañas e fabas son as estrelas das numerosas feiras que se celebran aínda hoxe en día como hai anos.
  
Manuel L. Pan  
 
Nestas datas son as castañas as que nos fan ver que xa estamos ben metidos no Outono, xa os mercados son tomados por elas, e a xente se apresura a mercalas para saborealas e tornar o frio ao caron do lume. 

Sabido é que os nosos antergos utilizaban as castañas e as landras na sua alimentación habitual, eses eran productos abondosos naquelas épocas en toda Galicia, de seguro que a tradición de preparar as castañas con névedas vén de moi atrás, de seguro repito que é unha das reminiscencias que nos quedan de aquel fondo coñecimento das herbas e dos productos naturais que ainda hoxe en día teñen os mais vellos, pero claro, o progreso é o progreso, e agora substituimos herbas para o ardor de estomago polo Almax Forte, herbas para non quedar embarazada pola pildora de turno, curandeiros por  médicos (ainda que non sempre), e carballos e castiñeiros por eucaliptus.  

Comentábame unha señora na feira de Carballo (que se sigue a celebrar todos os xoves e os segundos, cuartos e quintos domingos de mes), que había que ir buscar castañas ó Bierzo, que si, que as de aquí eran máis sabedoras, pero que casi non había, e as poucas que hai véndenas a precio de ouro.  

Decía ela: 
Hai!!! quen me dera aquela chousa que tiña meu pai, enchíamos cestos de ourizos e tiñamos castañas para un mes, pero claro, os cartos son os cartos, e os castiñeiros vendéronse, e claro, todos decían que non se plantaran mais, que non daban medrado, si eu tivese aquela chousa, estaba millonaria!!!. 

Ainda que non millonaria, a min a reflexion desta señora fixome caer na conta de que nos estamos dando de conta do que estamos facendo, pero estámonos dando de conta tarde, e non hai máis que ver as declaracións dos veciños de Pasarela en Vimianzo, que defenden unha canteira xusto nos famosos Penedos de Pasarela, onde se atopa unha das Pedras da Barca; claro, estamos no mesmo, ainda que substituindo eucaliptus por impoñentes penedos de granito rosa porriño. Algún día nos daremos de conta de que os cartos que hoxe nos deixe o desfacer os penedos poderíanse sacar mais adiante de que a xente acudise alí a ver tanta beleza; claro que, quen lle fai ver esto a uns veciños que ven nesta canteira a única maneira de sacarlle alguns cartos por alugar aquelas parcelas que non producen nada. 

Esto dos penedos de Pasarela xa o tratamos fai tempo, incluso coa opinión do noso amigo Manolo Rivas.  

A quen se lle da a razón?, ó carto rápido e necesario ou a visión de futuro e ideolóxica?, hai que poñerse na pel de cada un, escollan señores e señoras, escollan!!! 
 
 

AH, E XA LEVAMOS 50 SEMANAS EMITINDO NOTICIAS SOBOR DA COSTA DA MORTE, RECORDA DE VISITARNOS TODOS OS VENRES
 
 
 Hai hoxe oito dias
 
  
Para subscribirse o boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com