![]() ![]() |
|
Redacción Donas e Cabaleiros, entre o 26 e o 30 do mes que andamos presentase no cine Rega de Carballo, unha nova edición do Outono de Teatro. Preguntaranse vostedes porque o desta presentción, pois non é por outra razón que por estar adicada esta edición ó teatro clásico. Non é frecuente que este tipo de teatro chegue a vilas como Carballo, entre outras cousas pola falta de un teatro ou auditorio adecuado. Pero benvido sexa o Outono de Teatro, que nos vai a permitir ver obras que non entran nos circuitos habituais. Tamén se entregará este ano o premio "Outono de Teatro 97", galardón que foi escollido pola votación dos espectadores asistentes á pasada edición. Neste caso é a compañía madrileña YLLANA, que acude este ano como invitada. A progamación é a seguinte: - O día 26 actuará Yllana coa obra 666, e dende Madrid. - O día 27 actuará Teatro do Morcego coa obra O Lazariño de Tormes, e dende Galicia. - O día 28 actuará Teatro Corsario coa obra La Vida es Sueño, e dende Valladolid. - O día 29 actuará Zascandil coa obra Un celoso extremeño, e dende Madrid e Porto. - O día 30 actuará Toni Albá coa obra Brams, e dende Barcelona. Todas as funcións serán as 21,00 horas, as entradas serán a 600 pts, e o bono para todas as funcións costará 2400 pts. Para saber máis ou realizar reservas, chamar de 19,00h a 20,00h ó telefono 981 70 06 61. Pois eso donas e cabaleiros, que os clásicos nos acompañen. |
|||||||||
|