|
|
![]() ![]() |
|
Redacción Xa
pode vostede mercar os seus agasallos de Nadal na Librería
Trazos da Costa da Morte desde calquera lugar do mundo. Esta librería
especializada na temática desta fermosa zona da Provincia da Coruña
acaba de establecerse na rede poñendo un servicio de venta segura
que lle garantiza a súa compra.
Se vostede ten pensado visitar Galicia e necesita unha guía podera encontrala aquí, así como un libro sobor do camiño de Santiago a Fisterra, ou mercar un libro que lle permita coñecer todas as lendas que agocha esta máxica zona, e como non, mercar o exito de Manuel Rivas este namorado da Costa da Morte, que enche un espacio dela creando para todos nós. Como xa ven sendo habitual, a Costa da Morte dende fai uns meses a esta parte está convertíndose nunha zona lanzandeira en canto as novas tecnoloxías, tendo o espacio supracomarcar máis dinámico e actualizado de Galicia, e xa se están aproveitando os seus habitantes deste fenómeno, xa que cada vez son máis os comerciantes, artesáns e empresarios que ven nas novas tecnoloxías un medio eficaz e interesante para darse a coñecer e poñer á venda os seus productos. Sen máis, desexarlles un Bo Nadal e un
ventureiro Ano Novo.
|
|||||||||
|