![]()
|
|
Do 7 ó 15 de agosto Bergantiños acolle unha das citas máis importantes da oleria. Do 7 ó 15 de agosto celébrase a XVI Mostra da Olería de Buño, collendo dúas fins de semana e un festivo. A afluencia de turistas nesta época do ano, xunto coas distintas celebracións festivas no entorno, semellan razóns de peso para elexir de novo estas datas como máis idóneas para garantir unha afluencia de visitantes significativa.
A exposición, nas diversas salas da Casa do Oleiro, amosará o tradicional e as novas propostas desta olería, en total, arredor de vinte artesáns. Por primeira vez, os veciños de Buño poderán ver o novo stand da Asociación Oleira de Buño e que xa pasearon por Madrid ou Silleda, con grande aceptación. Vinteún metros adicados a estanterías, mostrador e alfar. Nel, durante todo o evento, irán traballando (non só o torno, senón facendo diversas funcións que realiza habitualmente un oleiro no seu obradoiro) os diferentes artesáns que participan na MOSTRA. O stand estará ubicado na carpa de vendas para dar información, facer exhibicións, contactos con posibles clientes, etc. Como actos paralelos aparte de insistir en actividades de enorme aceptación coma o "Obradoiro de barro para xoves", "Ruada de Bergantiños" ou as exhibicións de grupos de música e danza tradicional de tódolos días e que a MOSTRA sempre apoiou, están o Conxunto Etnográfico do "Forno do Forte", singular enclave patrimonial no casco urbano da localidade, único referente activo desta ancestral artesanía e a recuperación da queimada popular coincidindo co concerto folk do día 13 de agosto (Leliadoura, Ramo Cativo e Vaivén)
visite os nosos anunciantes Non esqueza consultar a Libreria Trazos para calquera obra que precise sobre a oleria, sobre Galicia ou sobre as últimas novidades do libro. |
|
||||||||||||||||||
boletín@finisterrae.com
|