|
INAUGURADA A VI EDICIÓN
DA MOSTRA DE ARTESANIA DE VIMIANZO.
Do 2 de xullo ao 15 de
setembro permanercerá aberta a diario.
Información ofrecida por Radio
Nordés
O
día 2 de xullo comezou a sexta edición da Mostra de Artesanía
en Vivo no Castelo de Vimianzo que
permanecerá aberta ata o vindeiro quince de setembro e, con posterioridade
a esa data, tódalas fins de semana e festivos ata o primeiro de
xullo do vindeiro ano, segundo o contemplado no convenio suscrito pola
Deputación da Coruña e o Concello vimiancés. O horario
de visitas, agás os luns, que estará pechada ó público,
será de dez e media a dúas e de catro a oito e media, pola
tarde.
O día 1, os doce artesáns que están
presentes na Mostra asinaron na sé da Deputación provincial
o contrato de participación. As modalidades que se poden ver no
Castelo son a alfareiría de Buño, zoqueiría, sombrereiría,
prateiría, artesanía da pel, maquetería de barcos,
artesanía do liño, encaixes, cesteiría e canteiría.

visite os nosos anunciantes
Non esqueza consultar a Libreria Trazos
para calquera obra que precise sobre a artesania, sobre Galicia ou sobre
as últimas novidades do libro.
|
|
O congreso Xacobeo contará
cun diaporama sobre o Camiño a Fisterra.
A comisión organizadora
do Congreso Internacional Xacobeo quere incluir entre os actos
previstos un diaporama sobre a historia dos camiños xacobeos,
facendo incidencia na prolongación do camiño francés
a Fisterra e Muxía.
|
|
A xvalso organiza
a IV noite folk
A Asociación da xuventude do val de Soneira organiza
o venres 2 de xullo a IV noite folk no inmellorable marco do
pazo de Trasariz.
|
|