|
|
![]()
|
|
VIII Mostra de Filatelia organizada pola Sociedade Filatélica Xuventude. Durante esta semana celebrouse a VIII Mostra de Filatelia de Corcubión, organizada pola Sociedade Filatélica Xuventude, e que tivo por marco o Auditorio do Pilar. Esta edición, que coincide co ano xacobeo, levará por lema "Corcubión, un alto no Camiño", co que se convida a tódolos viaxeiros e peregrinos a deterse na localidade. O mataselo conmemorativo desta edición da mostra levará gravada a imaxe da Igrexa de San Marcos de Corcubión. Entre as actividades paralelas á Mostra, celebrouse unha mesa redonda baixo o título "A xuventude no bo Camiño", que contou coa participación do presidente da Federación Galega de Filatelia, a Xunta de Galicia, o Concello de Corcubión e a Sociedade Filatélica Xuventude. A Continuación tivo lugar un recitar poético, a cargo de Manuel Olveira, Manolín. Esta edición presentou, ademais, a novedade do Premio Xuventude Filatélica, que se dedicará cada ano a unha institución que fomente esta actividade. O primeiro galardón foi para o coruñés Alejandro Palacios Seijas polo seu "traballo e apoio a esta Sociedade dende a súa fundación".
visite os nosos anunciantes |
|
|||||||||||||
boletín@finisterrae.com
|