Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
ven danzar7 de agosto Festa da Carballeira
Olería de Buño, espacio oficialAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 87
conocenos mellorentra
 
 

VERAN REPLETO DE FESTAS NA COSTA DA MORTE.
A temporada estival vén marcada na Costa da Morte polas numerosas festividades que se celebran ao longo de toda a zona.

Información ofrecida por Radio Nordés

Unha grande cantidade de vilas celebraron xa a festividade da Virxe do Carme, patrona dos mariñeiros e que, polo tanto, ten unha grande significación na Costa da Morte.

Pero o mes festivo por excelencia segue a ser o de agosto. Esta fin de semana coinciden multitude de celebracións. O domingo día 1 terá lugar a II Festa do Poldro, no concello de Vimianzo, e na que haberá dende desfiles ata degustación gastronómica de carne de poldro. O mesmo día, celebrarase en Fisterra a IX Festa do Longueirón. A degustación deste molusco característico das zonas fisterrás, estará acompañada por actuacións musicais.

Por outra banda, en Cabana de Bergantiños celebrarase a romaria de San Fins do Castro, patrón do concello. Esta celebración, recuperada nos anos trinta polo párroco Don Saturnino Cuiñas, destaca polo tradicional 'Berro Seco' (que da nome a un disco de Milladoiro) e o himno de San Fins. Tamén no domingo, no campo de San Pedro Martir, no concello de Cee, terá lugar a 'Festa dos Maiores', con comida campestre e actuacións folclóricas. E a vindeira fin de semana tamén terán lugar outros dos eventos obrigados nos veráns da Costa da Morte: a Festa da Carballeria, no concello de Zas e a Festa da Fervenza, en Mazaricos.

NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER !!!


Novas do 1997


visite os nosos anunciantes


Torres do Allo

O presidente en funcións da Deputación de A Coruña, Augusto Cesar Lendoiro, colocou a primeira pedra da rehabilitación das Torres do Allo. O edificio, comenzado no s. XIX, albergará un museo comarcal.

Peregrinación

A asociación Neria organiza unha peregrinación pola prolangación do Camiño Xacobeo a Fisterra e Muxía. Celebrarase entre o 5 e o 8 de agosto.

Festa da Xunqueira

O Concello de Cee ven de poñer en liña a programación da Festa da Xunqueira, unha festa máis que recomendable, e que conta coa actuación do grupo Luar na Lubre. Recorde que a vila de Cee está considerada como o centro comercial da Costa da Morte, en parte pola súa feira dos domingos, á cal acude multitude de xente de toda a zona.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com