Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica
Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 94
conhecenos mellor
 
 

Os turistas enchen a Costa da Morte durante o verán.
Os hosteleiros piden iniciativas que atraian ós visitantes durante todo o ano.

Información ofrecida por Radio Nordés

Do 1 ó 20 de agosto é practicamente imposible atopar praza nun hotel ou hostal da Costa da Morte. A ocupación baixa notablemente, na maioría das vilas, unha vez pasan esas datas. Sen embargo, o sentir xeral entre o sector hosteleiro da bisbarra é que este verán que remata deixou un saldo altamente positivo.

O noventa por cento das 2.158 prazas hoteleiras existentes na bisbarra estiveron ocupadas durante o mes de agosto, mentres que no mes anterior, o de xullo, se ocuparon dúas de cada tres. O número descende espectacularmente antes e despois deste período, é dicir, nos meses de xuño e setembro onde, agás enclaves puntuais coma Fisterra, os establecementos fican cáseque baleiros. Os hosteleiros coinciden en que a Costa da Morte non precisa publicidade durante esta época do ano. O turismo estival segue a sela principal fonte de ingresos do sector. Queda por saber como potenciar outros valores, ademais do turismo de sol e praia, que atraian ós visitantes á bisbarra durante todo o ano.

Os hosteleiros consideran moi necesaria a promoción doutro tipo de iniciativas que atraian ós turistas durante o resto do ano. Unha delas foi a promoción da prolongación do Camiño Francés ata Fisterra e Muxía que, ó coincidir coa celebración do Ano Xacobeo, trouxo un grande número de visitantes á bisbarra. Aínda así, un amplio sector deles cren que non se lle saca todo o partido turístico ós atractivos da Costa da Morte.

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


visite os nosos anunciantes

Mostra de Artesanía.

A Mostra de Artesanía do Castelo de Vimianzo pechou as súas portas despois de recibir máis de corenta mil visitas durante o verán. Ata o 1 de xullo poderá ser visitada en fins de semana e festivos.

Palangre

Un biólogo da Xunta visitou Muxía para recoller información sobre os barcos da flota palangreira. Os armadores amosáronse decepcionados, xa que agardaban que esta primeira xuntanza deixaría xa algunha proposta concreta para o futuro da flota.

Obras en Portos

As inversións previstas pola Xunta de Galicia nos portos da bisbarra ata o ano 2001 inclúen o dragado do porto e o complementario de ordenación da fachada marítima (Laxe); a reparación e instalación eléctrica en Santa Mariña, (Muxía); instalacións pesqueiras en Sardiñeiro (Fisterra) e a ampliación do peirao de Corcubión.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com