Camiño a FisterraO camiño de Santiago a Fisterra.

Urbano Lugrís, pintor do mar.Visite o especial sobre Urbano Lugrís.

Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 98
conhecenos mellor

Espacio Oficial

 
 

A Costa da Morte solicitará o Día das Letras Galegas para Labarta Pose.
A Comisión impulsora presentará un dossier sobre o escritor baiés á RAG.

Información ofrecida por Radio Nordés

Desde o pasado mes de agosto, un grupo de particulares e asociacións de Baio (Zas) traballan co obxectivo de acadar que a Real Academia Galega lle adique o Día das Letras Galegas á figura do escritor soneirán Henrique Labarta Pose (1863-1925). A Comisión Labarta Pose agarda implicar nesta iniciativa a todo o eido político, social e cultural de toda Costa da Morte.

Segundo o seu voceiro, Jorge Mira, este ano, coa concesión do 17 de maio a Roberto Blanco Torres, a Real Academia Galega amosou a súa sensibilidade ás propostas dos colectivos, no que calificou coma 'unha socialización do proceso de elección'. Por iso, a Comisión entregaralle á Academia un dossier dividido en tres partes, sobre a figura de Labarta. Na primeira recóllese a súa obra literaria; a segunda incluirá as cartas de adhesión á proposta de concellos e asociacións; e na terceira constarán os actos de homenaxe dedicados a Labarta Pose en toda a bisbarra.

Para Jorge Mira, a Comisión tan só recolleu unha iniciativa que estaba no aire. O primeiro ente en mostrar o seu apoio á proposta foi a asociación Neria. A Comisión comezou xa a traslada-la súa petición a tódolos concellos e entidades da bisbarra.

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997

Ven a visitarnos
visite os nosos anunciantes

Negativas ó palangre

Cincocentos veciños de Muxía manifestáronse ante o Parlamento Galego coincidindo cunha Proposición Non de Lei sobre a flota palangreira da vila, que non foi aprobada. A práctica totalidade da flota aceptou a entrada nos plans experimentais da Consellería de Pesca coma medida temporal.

Guía por alcumes

A Asociación de Veciños de Baíñas (Vimianzo) atópase a recabar información para editar unha guía con tódolos teléfonos do concello, ordeados polos alcumes. Esta iniciativa foi levada a cabo por vez primeira na bisbarra polo concello de Mazaricos co gallo da celebración da Festa da Fervenza.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares de interés
Espacios Naturales
Que facer?
Leyendas, historia,...
Aloxamento e mais
Economía
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com