4-14
Xullo
AULA DE ARTE DE
VERAN - Buño
Espacios de encontro e intercambio de experiencias
para interesados nas artes.
Primeira
quincena de Agosto
MOSTRA
DE ALFARERIA - Buño
Grande festa-escaparate das mellores pezas
manufacturadas no cerne galego da oleiría tradicional.
13-18
Outubro
III SIMPOSIO
PONDALIANO - Ponte-Ceso
Xornadas de estudo da figura do Bardo Eduardo
Pondal e de súa obra.
Martes
de Entroido
CORRIDA DO GALO - Baio
Tradición típica de Galicia,
Galia, e Britania, a corrida de galos consiste en correr a estes
animais antes de colgalos ou enterralos ata o pescozo, para decapitalos
cos ollos vendados ou a galope de cabalo. Sendo
Baio un dos últimos lugares en Galicia onde se practicaba
o xogo, esta tradición desapareceu ou evolucionou en tempos
recentes cara un simple xogo de monecos.
Domingo
de Entroido
XOGO DAS VACAS - Barizo
Representación teatral tradicional
en Entroido, consiste na recreación humorística dunha
escena na que participan veciños, veterinario, arador, e
dous homes que fan de vacas. Os personaxes interpretan exaxeradamente
os seus papeis para divertir ao público.
Primer Sábado Cuaresma
ENTERRO DA MICAELA - Buño
A xigantesca moneca da Micaela é paseada
poas ruas de Buño por unha banda de ledos enmascarados que
a conducen á fogueira.
24 Xullo
LUMES DE SAN XOAN - Galicia enteira
Unha das catro grandes festividades do calendario
celta, a celebración do solsticio foi cristianizada cara
o culto de San Xoán. Por toda Galicia, no rural e nas vilas,
ancéndense lumes ao redor das que se reúne a comunidade
e se organizan degustacións de sardiñas e de viño.
|