| Unha
milenaria dedicación oleira
O
lugar de Buño aséntase sobre chans de arxila pouco
productivos en labores agrícolas. En troques, este condicionante
exóxeno propiciou o desenvolvemento dunha importante actividade
económica vencellada á producción oleira :
a grande calidade e as diferentes características do abano
de barros atopados en Buño convertérono no centro
de cerámica popular de máis sona en Galicia.
A diversificación
e o desenvolvemento desta industria da cerámica foi notable
nas últimas décadas : a partir das pezas tradicionais
de antigas maneiras céltigas, algúns oleiros comezaron
a experimentar formas modernas e innovadoras, sendo concretamente
a incorporación da muller ao labor creativo o que
propiciou a maior revolución da oleiría de Buño.
Carme
Labrador Fariña foi a primeira amosando o seu estilo
propio. Esperanza Lema Fondo
integrou máscaras alleas e outros motivos galegos á
tradición oleira, e novos valores como Dolores
Faya Puñal e Pilar Gómez
Caamaño continúan
a proporcionar novas interpretacións ao arte de Buño.
A oleiría
tradicional de Buño caracterízase principalmente pola
súa cor escura e vidrada, decorada a pincel fino. As pezas
máis populares e demandadas son as de uso tradicional coma
pratos, viradeiras, chocolateiras, botixos, etc.
Os
múltiples obradoiros artesanais en funcionamento
que perpetúan esta enxebre profesión -algúns
dos oleiros aínda cocen en vellos fornos do século
XVIII- encóntrase nos fogares dos propios artesáns,
pequenas tendas onde o visitante pode atopar todo tipo de pezas
ou incluso observar o proceso de elaboración desta inxel
cerámica. Unha mostra permanente desta riqueza oleira está
exposta no Museu da Cerámica de Buño, no edificio
de Expobergantiños.
A actividade
oleira do lugar intensifícase na primeira quincena de agosto
coa celebración na Casa do Oleiro da Mostra
de Alfarería de Buño, grande festa-escaparate
das mellores pezas manufacturadas no cerne galego da oleiría
tradicional. Outras festividades importantes na localidade son o
San Antón en xuño, Santa Filomena en agosto, e o Enterro
da Micaela no Entroido, no que unha xigantesca moneca é
levada por toda a aldea ata rematar coa súa queima.
|