|
|
NA
COSTA DA MORTE TAMÉN SE REALIZA UN PARO EN DEMANDA DO RESPETO
Á MULLER
Mulleres
de todo o mundo participan no paro feminino do martes día 10,
en demanda de respeto para a muller no mundo, e por suposto na Costa
da Morte tamén paramos.
|
Información
ofrecida por: Radio
Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)
Mulleres
de todo o mundo e tamén da Costa da Morte, secundan
o paro que está covocado tanto no laboral coma no fogar.
Unha iniciativa que se enmarca no transcorrir da denominada
'Marcha Mundial das Mulleres 2000', actividade que
ao longo de todo o ano leva movilizando a mulleres de todo
o planeta na defensa e demanda de respeto aos dereitos das
mulleres no mundo, tanto nos paises de occidente coma nos
máis desfavorecidos. Polo que tanto Radio Nordés-Cadena
Ser coma o Web Costa da Morte, queremos solidarizarnos con
esta causa que consideramos máis que xusta.
Na
bisbarra a asociación de mulleres Buserana ten
convocada unha concentración ás 12 da mañá,
na Praza da Constitución de Cee.
Está convocado tamén para este martes un paro
da muller no laboral, entre as doce da mañá
e as duas da tarde, ademáis dun paro de 24 horas para
a actividade feminina no fogar.
A
iniciativa terá lugar en todo o mundo á mesma
hora.
Na
'Marcha Mundial das Mulleres 2000' participan centos de asociacións
de toda índole e de todo o mundo, non so feministas,
senon tamén culturais e de defensa dos dereitos humanos
ou sindicalistas.
Para
que teña máis información, ofrecémoslle
estes enlaces:
Organización
a nivel mundial desde o Québeq
Espacio da marcha,
desde Galicia
|
NA
COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!
visite os nosos anunciantes
|
|
INSTRUMENTOS
ARTESANAIS FEITOS EN CARBALLO
Musical
JR, un obradoiro artesán de instrumentos tradicionais
galegos, desembarca na rede. Desde agora calquera gaiteiro
ou percusionista poderá mercar instrumentos de
musica tradicional galega feitos na Costa da Morte, desde
calquera parte do mundo. Neste espacio, ademáis,
ofrecen información sobre a gaita, describindo
as súas partes, e sobre cada un dos instrumentos
de percusión que fabrican no taller.
|
|
|
Estase
a celebrar o Simposio Pondaliano.
Este espacio ofrecelles como todos os anos a posibilidade
de informarse sobre este interesante evento adicado ó
bardo Eduardo Pondal.
|
|
|
OFERTA
DE ALOXAMENTO
Si
tes pensado entrar na rede internet, e queres introducir
a túa páxina e ter o teu correo correo electrónico,
debes de contar con finisterrae.com, axudamos á
xente da Costa da Morte a entrar na rede. CONTACTA
CONNOSCO
|
|
|
|
|