|
|
CONTINUA
O MAL TEMPO E AUMENTAN OS DESPERFECTOS.
A
predicción anuncia novas choivas para os vindeiros días co que poden
agravarse os desperfectos xa ocasionados polo temporal.
|
Información
ofrecida por: Radio
Nordés-Cadena Ser (92.2 FM)
Comeza a volverse moi longa a lista de desperfectos
provocados na Costa da Morte polo continuado temporal de vento
e choiva que está a asolar a zona nos últimos sete
días.
Agora
tócalle a quenda á auga e tódolos records de recollida de
auga na bisbarra saltaban o pasado día 5, cando en Vimianzo,
e en tan so vinte minutos, eran recollidos máis de
68 litros de auga/m2. Unha inmensa tromba de auga, que entre
outras cousas, provocaba importantes desperfectos nunha casa
limítrofe co río Grande, á altura da Ponte Roda. Unha casa
que en cuestión de minutos se viu completamente anegada, con
ata un metro de auga. A esto uníase, coas primeiras luces
da maña, a impresión de pobo pantasma na vila, cunha fina
capa de lama sobre as estradas; a vía entre Vimianzo e Camariñas
cortada por mor dunha fenda no terreo; bolsas de auga e con
tódalas tapas de sumidoiros da localidade descolocadas e desbordadas.
Unha
clara representación do que foi hora e media de choivas continuas,
que non se limitan a Vimianzo. En Muxía, unha ampla zona de
estrada entre Cee e a capital municipal está cortada
de maneira intermitente por mor das fortes choivas e pola
formación de bolsas de auga, que dificultan e fan perigar
os vehículos que por alí circulan. A
flota continua amarrada, e leva xa máis de quince días, e
a predicción anuncia que a cousa continuarrá así. Para
os vindeiros días espéranse novas choivas, mentres os ríos
se atopan ó limite de desbordarse e o encoro da fervenza leva
máis de quince días aberto e proporcionando ós curiosos o
espectáculo; eso si, moi fermoso, do salto natural do río
Xallas no Ézaro.
|
NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER!!!
visite os nosos anunciantes
|
|
DAVID
TRILLO, DE BRENS-CEE, INTRODUCE AS SUAS FOTOS NA REDE
David
Trillo pon na rede o seu ALBUM
DE FOTOS sobre a Costa da Morte a través da
páxina persoal de Jorge Pola, un rapaz de 11 anos
de Brens, en Cee; páxina ésta xa referida
con anterioridade no noso espacio.
|
|
|
A
WEBCAM DA TVG
NO FARO DE FISTERRA
INOPERATIVA
Semella
que a webcam da TVG no faro de Fisterra non puido soportar
a espectacular beleza dun mar enbravecido polo empuxe
do intenso temporal que a Costa da Morte sufríu
estes días. Agardamos o pronto reestablecemento
do servicio para seguir a disfrutar do mar do Finisterrae.
|
|
|
RECORDE
QUE NESTAS DATAS, O MELLOR AGASALLO É UN LIBRO;
SOBRE A COSTA DA MORTE, CLARO
Se vostede está pensando como quedar ben á
hora de facer un regalo orixinal, non o dubide, na Librería
Trazos on-line, vostede poderá mercar ese agasallo
sobre
a Costa da Morte que de seguro lle gustará.
Nas novas seccións de multimedia,
arte,
mundo
celta e incluso de música.
REcorde que pode pagar por tarxeta de credito, e si o
fai, o envío
e GRATUITO a calquera lugar de España.
|
|
|