Herdanza do pasado que pervive no tempo. A  olería no Buño de mar arxiloso é recurso, oficio tradicional, pouso artístico e sensibilidade espallada polos rueiros dunha vila na Costa da Morte. 

Obradoiros de feituras que falan coas mans, que verquen autenticidade no forno quente, que moldean a nobreza do barro desde hai séculos. 

De utensilios domésticos a complementos decorativos ou mesmo aplicacións arquitectónicas, Buño contribúe co seu saber ó enriquecemento do noso patrimonio cultural.

Amosar tanta beleza e riqueza etnográfica coa presente obra é render tributo á historia deste reducto artesán.

Situación/ Oleiros/ Pezas/ Proceso/ Tipos