O inicio da tradición oleira de Buño dátase na prehistoria coa elaboración de cacharros feitos a man. Nas minas de estaño de Monte Neme ou nas de ouro de Corcoesto empregábanse crisois de barro de Buño. As pezas da Idade Media son de escasa variedade e austera decoración. Como mostra, a xarriña medieval exposta en Expo Bergantiños. Os séculos XVI e XVII marcan o inicio dunha idade esplendorosa trala elaboración dos canos para a traída de auga da fonte do Mercado da Coruña. Nos séculos XVIII e XIX viviu a súa idade de ouro. Pezas de alfarería, documentos e fotografías de Buño espalláronse mesmo polo Museo da Hispanic Society of América. 
 

Situación/ Pezas/ Oleiros/ Tipos