|
¿Por
que o desastre do Prestige desbordou ao Goberno?.
Neste
apartado ofrecemos dous artigos:
O papel da Internet no 'Caso
Prestige'.
Sálvese quen poida.
¿Quen
está detrás do Prestige?.
Reproducimos
aquí un interesante arigo
que analisa as redes de propiedade e fletamento deste
tipo de buques.
¿Por
que decidiu o Goberno alonxar o barco da costa?.
Cada
vez son máis os expertos que critican a decisión
das Autoridades de alonxar o petroleiro da costa en lugar
de conducilo a un lugar adecuado (porto, ría ou
badía abrigada, praia con fondos de area), rodealo
de barreiras anticontaminación e proceder a extraer
o fuel; pero, ¿por que o Goberno escolleu
a primeira opción?. Esta é unha cuestión
á que adicamos un apartado especial, que podes
consultar aquí
¿Que
ocurreu entre as tres da tarde do 13 de novembro e a mañanciña
do día seguinte?.
¿Por que se tardou tanto en enganchar o petroleiro
e remolcalo mar adentro?
Aínda
sendo a decisión a de alonxar da costa o petroleiro
máis aló das 120 millas; como se explica
a tardanza na reacción; xa que dende a tarde do
13 de novembro ata a mañán do seguinte día,
o petroleiro non só non foi alonxado da costa,
senón que mesmo chegou a estar a menos de 4 millas
da mesma. O Goberno xustificou, nun principio, esta situación
pola falla de colaboración do capitán do
Prestige, e
agora acusa á empresa Remolcanosa, propietaria
do remolcador Ría de Vigo, de neglixencia e incumprimento
do contrato de exclusividade firmado co Estado; pois firmou
outro o día 15 con Smit Savage. Ademáis,
desde Fomento insinúase que as negociacións
para a firma do contrato coa empresa holandesa afectou
no retraso do rescate.
Pola
súa parte, Remolcanosa fixo público un comunicado
no que rexeita as acusacións, afirmando que en
todo momento o Ria de Vigo estivo ás ordes das
autoridades españolas. Declara, asimesmo, que efectivamente
se firmou un contrato o día 15 coa armadora do
Prestige, Smit Savage e a empresa española Tecnosub
para poñer a disposición do rescate do petroleiro
remolcadores da empresa, distintos do Ría de Vigo,
polo que non existiría incumplimento do contrato
de exclusividade firmado co Goberno.
Por
outro lado, a empresa rexeita as acusacións de
neglixencia e afirma que non se puido alonxar o barco
antes porque os sucesivos intentos resultaron infructuosos
por causa do temporal e da falla de colaboración
da tripulación que aínda permanecía
no Prestige.
Sobre
este tema tamén resulta esclarecedora a entrevista
de La Voz de Galicia con José Luis Velasco, presidente
de Tecnosub Internacional, a empresa española que
colaborou con Smit Salvage para intentar o rescate do
Prestige. Velasco afirma que lles negaron a entrada 'nun
porto ou zona de refuxio' e sobre a polémica do
Goberno con Remolcanosa confirma as declaracións
da empresa galega ao indicar que o remolcador contratado
para colaborar con Smit e Tecnosub foi o Charuca Silveira,
que non tiña contrato de exclusividade firmado
coa Administración.
¿Está
logo a culpa no temporal?, ¿na falla de colaboración
do capitán do Prestige?, ¿na incapacidade
dos arrastreiros para controlar un buque desta embergadura?,
¿ou noutras razóns menos xustificables?.
Quizais no xuzgado de Corcubión, onde se segue
a causa contra o capitán do Prestige, se poidan
aclarar algunhas destas preguntas.
¿Por
que se fixo unha travesía tan absurda ao longo
da fronte atlántica galega?
Finalmente,
na tarde do día 15, os remolcadores Ría
de Vigo e Sertosa 32 enganchan ó Prestige e pouco
despois póñense en marcha os motores do
buque; que, coa escolta dunha fragata da Armada española,
tratábase de conducir cara unha distancia de 120
millas das costas galegas. Neste momento o mando das
operacións de rescate corrían ao cargo da
holandesa Smit Savage, responsable do reflote do
submarino Kursk.
A
partir de aquí iníciase unha absurda travesía
abrindo un amplo abano de fuel ao longo da fronte atlántica
galega. Máis absurdo aínda se o que se pretendía
era minimizar os efectos da contaminación; pois
pola dirección do vento e do mar de fondo nesta
época do ano, era evidente que remataría
por chegar ás costas, como así foi; e non
só ás galegas, senón que afectou
tamén a boa parte das costas do norte peninsular.
Nun
primeiro momento arrástrase o barco en dirección
nor-noroeste co único obxectivo de alonxalo; pero
os ténicos da Smit Savage pretendían achegalo
a porto e trasvasa-la carga. Agora sábese que Repsol
puxo a disposición do goberno as súas instalacións
na Coruña; pero o Goberno negouse a que o petroleiro
entrara en ningún porto español e tamén
o Goberno francés.
En
referencia a esto, o capitán do remolcador Ría de Vigo
declarou, na súa comparecencia no xuicio que se
segue contra o capitán do Prestige no xuzgado de
Corcubión, que a decisión de tomar rumbo sur foi
da empresa Smit, que pretendía conducir o Prestige a Cabo
Verde, onde aceptaran acollelo. Dende Salvamento Marítimo
deixaron en mans dos holandeses o mando do rescate, con
tal de que o buque fora conducido máis aló das 120 millas,
e sen decatarse ou sen importarlles que o novo rumbo levaría
a terra o fuel verquido.
Así
as cousas, os técnos da Smit deciden coller rumbo
sur cara augas portuguesas; mentres, o temporal e os efectos
do lastrado e remolque do barco abriran a fenda ata acadar
máis de 40 m., que agora se vía exposta
á forza da oleaxe. Pero as autoridades deste país
tamén lle negaron a entrada, usando mesmo a Armada
para lle-lo impedir. O remolcador chino De Da e os seus
21.500 (varias
veces máis potente que o mellor remolcador español)
ten que virar bruscamente o rumbo. O Prestige non o resiste
e parte en dous, para finalmente afundir a 133 millas
de cabo Fisterra.
¿Que
se fai co fuel que se está a recoller?
Máis
do 90%
está sendo transportado ás instalacións
de Protección Medioambiental S.L., en Lendo - Laracha
(A Coruña), onde se acumula.; últimamente
estanse a acondicionar fosas impermeabilizadas para tal
efecto.
Se
o chapapote chega ás instalacións mezclado
con arcilla, pásase por un forno a máis
de 1.000 º C. e eláboranse ladrillos, non
coa intención de ser utilizados na construcción,
senón como material inerte de recheo.
Cando
a mezcla é de area e fuel, igualmente pásase
polo forno a muy altas temperaturas, onde o chapapote
arde e a area se inertiza.
Unha
pequena parte do fuel recollido é destinado á
Sociedade Galega de Resíduos Industriais Perigosos;
aínda que está sendo acumulado de momento
á espera dun tratamento para convertilo en material
enerte.
O
fuelóleo que chega mezclado con auga é conducido
á terminal de deslastre de Repsol en A Coruña,
onde logo é separado da auga e reutilizado no seu
proceso productivo.
Cando
o groso da marea negra pase e sigan chegando ás
praias pequenas bolas de fuel, as xentes da Costa da Morte
disporán de cumbustible gratuíto para as
súas lareiras. Xa lles faltará o pan; pero
non o lume no fogar.
¿Que
está a pasar REALMENTE co fuel que o Prestige aínda
garda nos seu depósitos?.
A
este tema tamén adicamos un apartado especial.
Entrar>>
¿Que
se pode facer co fuel que aínda quedan nos depósitos?.
Segundo
o Goberno, o submarino Nautile logrou xa pechar unha das
fendas polas que saía o fueóleo. ¿É
logo a intención das Autoridades que o chapapote
permaneza nos tanques a máis de 3.500 m. de profundidade
á espera de que se solidifique?, ¿ou é
que simplemente tratan de poñer un remendo?.
A
empresa hoalndesa Smit Savage ofreceuse para extraer o
fuel dos tanques do Prestige. O chapapote sería
bombeado á superficie a través dun sistema
especialmente adaptado para este caso. O Goberno portugués
ofreceuso incluso para compartir os custes da operación
se esta non era financiada pola Comunidade Europea tal
e como solicita Smit Savage.
Pero
esta non é a única alternativa para a recolleda
- extracción do fuel. Na web http://www.adperfectsystems.com,
onde a empresa A.D. Perfect Solutions World System apunta
unhas innovadoras solucións para a contaminación
por hidrocarburos.
Tamén
chegaron á nosa redacción correos
que aportan interesantes solucións para extraer
o fuel dos tanques afundidos do Prestige.
Aquí
podes
facer pública a túa mensaxe de apoio ou
manifestar a túa opinión sobre esta catástrofe,
tamén
podes consultar as mensaxes recibidas.
|