|

Esta
é a crónica da longa sombra negra do Prestige.
Un desastre ecolóxico que puxo en evidencia a toda a
clase política, non só galega e española,
senón tamén á europea. A falla de previsión,
a falla de medios e a falla dunha adecuada reacción por
parte das autoridades provocou un amplo movemento social de
repulsa e solidariedade.
|
FLASHES
DE XUÑO:
>>05/05/03
A EXTRACCIÓN DO FUEL NON COMENZARÁ ATA A
PRIMAVERA DO 2004, CANDO MENOS.
O
vicepresidente de Repsol, Miguel Angel Remón, anunciou
para este verán as primeiras probas con 'bolsas
lanzadeiras' para extraer o fuel que aínda queda
no Prestige; un sistema que xa atopou detractores entre
algúns expertos, que afirman que é inviable,
tal e como mostra o artigo que nos remitiu Francisco
Moreno Meco, enxeñeiro, científico e investigador
en materia e enerxía .
En
calquera caso, se o 'test' resultara positivo, entre
que se encargan e construen as bolsas e se esperan as
boas condicións meteorolóxicas, a extracción
do fuel non comenzaría antes da primavera do
2004.
Se
as probas foran negativas, Repsol optaría pola
segunda das alternativas: confinar o pecio nunha marquesiña
de aceiro para recoller o fuel por saídas feitas
a tal fin, unha opción absurda en opinión
do científico Francisco Moreno.
>>05/05/03
O NUNCA MÁIS EXPÁNDESE POR EUROPA.
A
plataforma Nunca Máis convocou no día
de hoxe roldas de prensa simultáneas en varias
cidades europeas para facer un chamamento á movilización
o vindeiro 14 de xuño en Bruselas.
En
Santiago, Manuel Rivas sinalou que a intención
é converter a Nunca Máis e a Galicia nun
referente mundial da 'defensa do mar, do medio ambente
e dos dereitos civís'.
Do
mesmo xeito, Rivas anuncio que a plataforma impulsará
un 'Foro da Verdade' con destacados expertos para coñecer
a verdade, valla a redundancia así como a intención,
sobre o desastre do Prestige.
>>05/05/03
A XUNTA CONCEDE A MEDALLA DE OURO DE GALICIA A ÁLVAREZ
CASCOS
O
Consello da Xunta concedeu a medalla de ouro de Galicia
a Francisco Álvarez Cascos, ministro de Fomento
e responsable de 'mandar ao Prestige ao quinto pino',
pola súa 'especial sensibilidade demostrada para
mellorar as comunicacións do noroeste peninsular'.
Outra
galardonada foi Loyola de Palacio, comisaria europea
de transportes, 'polo apoio que vén prestando a esta
Comunidade, particularmente a raíz do accidente do Prestige'.
En
ocasións, o mellor comentario que se pode facer
a unha nova é un simple 'sen comentarios'.
>>02/05/03
A ACTIVIDADE DO CERCO REANÚDASE EN DÚAS
ZONAS DA COSTA DA MORTE
A
partires do día de hoxe a flota de cerco poderá
volver a faenar dende Punta Langosteira ata Punta Razo;
e dende Punta Insua (Faro Lariño) ata Cabo Touriñán.
Na
Consellería de Pesca afirman que se tomou esta decisión
logo de consultar co propio sector, que xa se mostrara
maioritariamente partidario á reapertura, e logo
de que as máis de 120 prospeccións realizadas
nos fondos mariños nestas zonas garantiran a
seguridade sanitaria.
|
CRONOLOXÍA
DA CATÁSTROFE:
NOVEMBRO
2002
Mércores
13. Chamada
de socorro dun petroleiro cunha vía de auga a 28 millas
de Fisterra.
Xoves
14. O petroleiro Prestige a
menos de 4 millas de Fisterra.
Venres
15. Obxectivo:
levar o Prestige a 120 millas da costa.
Sábado
16. O fuelóleo derramado polo
petroleiro chega a terra.
Luns
18. A marea negra deixada polo
prestige contamina a costa dende Fisterra ata A Coruña.
Martes
19. O
Prestige afunde a 133 millas de cabo Fisterra.
Mércores
20 . O Prestige deixa
detrás máis de 10.000 toneladas de fuel.
Xoves
21. 300 quilómetros
de costa contaminada.
Venres
22. O Prestige segue a soltar
chapapote.
Luns
25. Un Gran Mancha de 11.000
Tn. achégase á costa.
Martes
26. Novas mancahas de fuel
na zona do afundimento.
Mércores
27. 600 quilómetros
de costa vedados para a pesca.
Xoves
28. O chapapote do Prestige
é altamente contaminante e perigoso para a saúde.
Venres
29. A Gran Mancha a menos de
30 quilómetros de Fisterra.
Sábado
30. Galicia enfróntase
ao maior desastre ecolóxico da súa historia.
DECEMBRO
2002
Luns
02. Marea de vida. A marea
negra tivo resposta onte en Santiago: 200.000 persoas esixindo
que algo así non volva a suceder 'nunca máis'.
Martes
03. Indignante, sen máis.
Mércores
04. Indignante, suma e segue.
Xoves
05. Contra a marea negra: marea
de vida.
Luns
09. Marea solidaria.
Martes
10. Os tanques do Prestige
perden 125 Tn. diarias de fuel.
Mércores
11. Rematou a tregua.
Xoves
12. A rúa é
nosa.
Venres
13. A decisión foi de
Cascos.
Luns
16. Nova marea solidaria.
Martes
17. A terceira marea negra.
Mércores
18. A
'espada de Damocles'.
Xoves
19. A Costa da Morte non ten
trégua.
Venres
20. Os mar
Luns
23. A Gran Mancha perdoa a
Costa da Morte.
Martes
24. 'En tempo real tomáronse
as decisións máis correctas'.
Xoves
26. Unha nova Gran Mancha diríxese
xa cara a costa galega.
Venres
27. Investigación limitada.
Luns
30. 'Man', finou.
Martes
31. Fomento non quixo saber
máis nada.
XANEIRO
2003
Xoves
02. Xuicio esclarecedor.
Venres
03. Francia esixe responsabilidades.
Martes
07. Querela internacional.
Mércores
08. A cuarta xa está
aquí.
Xoves
09. E aínda quedan 53.000
Tn. máis.
Venres
10. Investiga como poidas.
Luns
13. Marea negra continua.
Martes
14. A limpar a Francia.
Mércores
15. Nin Gallicia nin Francia:
o Cantábrico.
Xoves
16. Xuntos, pero non revoltos.
Venres
17. Nunca Máis, posición
clave.
Luns
20. Nunca Máis, tamén
se querela.
Martes
21. Patronato de turismo da
Costa da Morte.
Mércores
22. Cadea humana polo futuro
de Galicia.
Xoves
23. E unha nova marea negra
de fuel 'fresco'.
Luns
27. E aquí non pasou
nada.
Martes
28. Corrosión lenta;
pero segura.
Mércores
29. Francia tamén responsabiliza
ao Goberno español.
Xoves
30. Día da Costa da
Morte en Fitur.
Venres
31. Nova avalancha de fuel.
FEBREIRO
2003
Luns
3. Polémico levantamento
da veda nas rías Baixas.
Martes
4. Os prezos do marisco responden
na lonxa.
Mércores
5. O chapapote entra nas praias
abertas ao marisqueo.
Xoves
6. Abrir para volver a pechar.
Venres
7. Magouras sae en liberdade
condiconal.
Luns
10. Outra manifestación
para a historia.
Martes
11. O Goberno Galego pretende
lmanipular á emigración.
Xoves
13. Os
fondos das Illas Atlánticas, contaminados.
Venres
14. Reafirman o acoso a Nunca
Máis.
Do
17 ao 21. 100 % Dignidade.
Do
24 ao 27.
Nunca Máis x 100 % dignidade.
MARZO
2003
Do
19 ao 1.
Entre a
disolución da 'Comisión Prestige' e
o levantamento da veda.
Do
31 ao 19.
¿Quen dixo que estaba limpo?.
ABRIL
2003
En
abril.
Xa escolleron 'solución' para o fuel que aínda
queda no Prestige.
MAIO
2003
En
maio .
O Arao común extinguiuse en Gaicia.
|
RECOMENDAMOS
NO ESPECIAL:
VOLUNTARIADO
Teléfonos, peticións de axuda, ...
OPINIÓNS
As vosas mensaxes.
ALGUNHAS
PREGUNTAS SOBRE O 'CASO PRESTIGE' 
¿Quen?, ¿Cando?, ¿Como?, ¿Onde?,
¿Por que?.
ABREOS
OLLOS 
Sobre a actitude dalgúns veciños da Costa
da Morte
A
LONGA SOMBRA DO SEÑOR ESCURO
¿Que pasa, ou pode pasar co fuel que aínda
queda nos depósitos?.
|
Aquí
podes facer pública a túa mensaxe de apoio ou
manifestar a túa opinión sobre esta catástrofe,
tamén
podes consultar
as mensaxes recibidas.
|