|
|
Ponte do Porto. Xosé
Manuel Lema.
Na actualidade o vexetal atópase en vias de extención, no que tivo moito que ver a limpeza dos montes que atacou o seu carácter salvaxe. Desde o concello de Camariñas tentouse criar esta especie, sen resultado. De feito a planta da camariña forma parte do escudo municipal. Agora, e logo de seis meses de investigacións, varios membros do colectivo ecoloxista P.X. anunciaron que a camariña se pode criar en viveiro, e indicaron que xa sacaron adiante 200 exemplares en pequenos tarros misturados con area e terra. Os naturalistas tamén experimentaron coa semente en xardins, e cren que poderán criar 5.000 plantas a curto prazo, o que permitiria repoboar antigas colonias como A Pedrosa ou a Praia de Xaviña. Asemade os ecoloxistas consideran que deste xeito a camariña está salvada da sua desaparición e agardan poder facer un plano de rexeneración de vellos camariñais. Outros datos que tamén teñen en
conta é o da elaboración dun licor de Caramiña, tal
e como se fai en Portugal, que podia ser un aliciente turístico
máis para esta zona atlántica.
|
|