COMENZA A XV MOSTRA DE ALFARERIA DE BUÑO
Un ano máis lévase a cabo a grande Mostra de Alfarería de Buño. E vai xa na XV edición . Este ano conta cunha importante novidade: a creación e presentación da nova imaxe corporativa da Olería de Buño.
 
 
Redacción 

En Buño, a partires do próximo sábado 8 de agosto e ata o domingo 16 celébrase a XV Mostra de Alfarería. Estamos ante a semana grande da Olería da Costa da Morte. Nestas datas na Casa do Oleiro e nos novos espacios que se crean para a Mostra, estarán representados todos os oleiros de Buño e máis a súa obra. O momento xusto en que todos fan un esforzo por presentar ao mundo a súa tradición e a súa innovación. Nove días en que particulares, institucións, persoeiros e entidades diversas farán un esforzo denodado por facerlle chegar a todas as xentes a gran calidade e o preciosismo da tradición no manexo do barro. Este ano o esforzo é de todos: o Centro Comarcal de Bergantiños crea o Museo adicado a olería de buño; a Deputación faise co Forno Novo co obxetivo de conservalo e crear un espacio único e referencia para a artesanía do barro de Buño; nace a Asociación Profesional Oleira; créase a imaxe corporativa da Olería de Buño…. Os esforzos de todos indican ben as claras a confianza que está depositada nesta artesanía sabia, potente e arraigada neste maravilloso curruncho que é Buño. As súas xentes souberon gardar, nas estreitas e pendentes rúas, nas casas pequenas e aglomeradas, nas mentes e nas mans dos oleiros toda unha tradición que volver a revivir tempos dourados. 

Na XV Mostra explicaransen e demostrarasen as cualidades do barro, o seu manexo, a creación completa de unha obra. Cada día un ou máis oleiros elaborarán a súa obra diante de todo o público que desexe aprender e coñecer esta arte, a vez tradicional e a vez novedosa; arte creativa, ao fin, en cada unha das pezas que se elabora. Asimesmo, o programa ofrécenos outras moitas posibilidades abertas para todos os públicos. Así teremos roteiros guiados polos rueiros de Buño para coñecer o mundo da Olería que escomenzan a primeira hora da tarde; concertos de música tradicional todos os días ás doce e media do mediodía; artistas da rúa e concertos de música folk. Hai que destacar, tamén, a organización do "I Festival de Ruadas de Bergantiños" que levará a cabo a "A.C. Raigañas".  

 A Mostra do ano pasado xa se deu a coñecer a través das páxinas que a nosa empresa lle adicou. Esas páxinas, a súa estructura e a súa imaxe, levará un cambio definitivo este ano. Os oleiros de Buño decidiron crear este ano a súa imaxe corporativa. Unha imaxe nova que os relance, que os redefina e que os proxecte a cada vez a máis público, a máis espacios, máis lonxe e mellor. Así que se Vostede quere recordar o esquema do ano pasado non deixe de visitar as páxinas da XIV Mostra. Pero se quere entrar de cheo nas novas aportacións, nos novos diseños  acerquese a XV Mostra que comenza xa. Non quedará defraudado. Este ano, máis que nunca, estamos para superarnos 
 

 AVISOS:

Debido ao éxito das Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte celebrarase unha nova xornada da langosta e do lubrigante na segunda quincena de agosto.
 
 
 

Hai hoxe oito dias
 
  
 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
 
 
Novos recoñecementos: 
 
 
Para Cambon's shop
 
 
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com