|
XA TEMOS DOMINIO .GA!!!
Xa podes usar finisterrae.ga
Gracias Mikael Johansson, un rapaz sueco de 17
anos, que co nome de http2 creou
este revolucionario sistema de redireccionamento.
Si poñedes como enderezo: http2//www.finisterrae.ga.
-sempre desde Netscape, xa que Explorer da problemas-, podedes acceder
o Web Costa da Morte.
Ainda que si o que desexas e poñer un
link, debes de facelo do seguinte xeito: Costa
da Morte. |
100% DE OCUPACION HOTELEIRA NA
SEMANA SANTA.
Ainda que as previsións do tempo
non eran as adecuadas, as escasas 1000 prazas existentes nas comarcas de
Bergantiños, Xallas, Soneira e Fisterra, estiveron ocupadas.
Redacción
Carballo
Moitos
días antes do xoves e venres festivos, moitos dos hoteis da zona
xa non tiñan un hoco para meter a ninguén, e non digamos
as casas de Turismo Rural, que segundo
nos informan tiveron peticións para encher tres veces as prazas
nesta Semana Santa.
Non foi así nas prazas de camping, xa que
segundo informan do Camping Ruta de Finisterre,
en Estorde, os erros nas prediccións meteorolóxicas fixeron
que a xente non viñera a acampara, ainda que si acudiron aqueles
que contan con caravanas ou coches-cama.
Todos os hosteleiros están de acordo en
que toda a actividade cultural que se da na zona nestas datas (como informábamos
a semana pasada), fai que sexa moi apetecible para quen quere algo mais
que sol e praia, e quere descubrir como somos, como eramos, onde estamos,
...
Claro que como din en Laxe,
a parte de influir o do Camiño de Santiago
a Fisterra, tamén influe o da serie da TVG
-Mareas Vivas-, e moitos dos visitantes chegan a Laxe (que non Portozás)
e preguntan polo bar do Petroleo. E tamén comentan en Zas,
que chegan preguntando onde está o porto (Zas non ten porto), en
fin, sonche cousas da televisión.
Se vostede está pensando nestes intres
decidindo a onde vai a ir de vacacións, non o dubide, e realize
xa a sua reserva nos nosos camping, hoteis,
restaurantes,
casas de turismo rural, ...
... NA
COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER.
Entre para ver as novas anteriores
visite os nosos anunciantes
|
|
Sigue a afluencia ó
Clube Náutico de Camariñas.
Como xa dixéramos
fai tempo, son moitos e moi curiosos os navegantes que pasan por Camariñas,
e incluso aqueles que se quedan a pasar o inverno refuxiado na Costa da
Morte, como fai actualmente un mariñeiro alemán de 70 anos,
que descansa na sua viaxe polo mundo.
|
|
O Web Costa da Morte
referencia para realizar as reservas a través da rede.
Estas vacacións de Semana
Santa, quedou demostrado que o noso Web é tido en conta para planificar
as vacacións á zona, xa que foron moitas as peticións
que se recibiron de xente que quería pasar as suas vacacións
na zona. Pero é mais, xa son moitas as que se están a recibir
para o verán.
Estas peticións son normais,
xa que NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER.
|
|
O Calvo-Xiria
de Carballo, gaña a liga de 2ª
división nacional de Balonmán.
Esta peculiar equipa, que forma
parte dunha asociación deportiva que se adica a promover o deporte
de base con grandísimo exito, gaña esta liga con entrenador
e xogadores do propio pobo de Carballo, excepto a incorporación
de Zico, un profesional dos valcáns que xa se considera como un
carballés mais.
NORABOA.
|
|