Camiño de Santiago a Fisterra 

Compre libros en liña 

Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica.
Que facer?Xa está activa a sección de información
Olería de BuñoAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 72 
Turismo Rural 
 
 
 
 
 
DA GALICIA DE MAELOC Ó CONFIN DOS VERDES CASTROS.
Como xa anunciábamos a semana pasada, o grupo de folc galego por excelencia, Milladoiro, presentará mañá no Teatro Colón da Coruña o seu novo disco, inspirado en Cabana de Bergantiños. 

Manuel L. Pan 
Carballo 

Desde aquel A Galicia de Maeloc, primeiro disco do grupo alá polo 1979, cheganos agora O Confín dos Verdes Castros, descriptivo verso do bardo Pondal, que da título a este novo traballo. 

Este novo disco será acompañado por unha guía da zona, creada polo filólogo malpicán Xosé Manuel Varela. 

Milladoiro realizará unha gira internacional para presentar este traballo, e despois de que sexa presentado o día 26, terán oportunidade de escoitalo en directo en New York, Otawa, Estocolmo ou Vilnius, así como en outras moitas cidades tamén cerca de nós. 

Este traballo inspirado nesta fermosa zona, conta con pezas do lembrado cura Don Saturnino Cuiñas entre outras cousas culpable de que se manteña a tradición do Berro Seco, feito ó que Milladoiro puxo o nome a un dos seus discos. Conformase así Cabana como unha das zonas con máis actividade de toda a Costa da Morte, e iso que non son poucos os actos que se pode atopar vostede si se acerca á Costa da Morte, e se non vexa un exemplo do que poderá facer pola nosa zona nestas datas... 

* O Arao Castelao, percorrerá Camariñas contando contos, dentro dunha campaña de animación á lectura. 
* Un tren turístico percorrerá o Concello de Cabana. 
* Ata pode vostede parcipar nun taller de pintura naif, a cargo de Ana María Vargas, na Casa-Escola de Borneiro. 
* En Camariñas celébrase un encontro de teatro entre o día 27 e 31. 
* O día 1 sae de Fisterra unha peregrinación do Camiño de Santiago a Fisterra, pero ó revés, organizada pola Asociación Cultural o Adro de Baio. 
* Visitas guiadas ó Castro de Borneiro polo arqueólogo Xoanma Pérez Lijó, a partires do Xoves de Semana Santa. 
* O bar Brebaxe de Malpica, ofrecenos acuarelas do recoñecido artista local Chucho. 
* O instituto Agra de Raices de Cee, organiza a súa primeira semana cultural, con exposicións, conferencias, concertos, contacontos, teatro... 
* En Cabana actuará o exitoso grupo Atalora, tamén Raigañas de Malpica, os grupos de teatro Os Quinquilláns e Pífano, así como o mago Teto. 
* E como non, as festas gastronómicas, o 2 de abril a III Festa do Gongro en Muxía, e o día 3 a Festa da Angula en Ponteceso. 
* E tamén a Mostra do Encaixe de Camariñas, con moitos actos 

Buff, ainda me quedan alguns actos, pero xa está ben, acérquese por aquí nesta ponte da Semana Santa, e terá oportunidade de ver moito máis. 

Ah, que se olvidaba a Semana Santa de Fisterra, non deixe de asistir a este espectáculo, que ten como centro o cristo da (negra) barba dourada. 

Entre para ver as novas anteriores 
 
O seu hotel en Fisterra visite os nosos anunciantes 
Inaugurase o conxunto etnográfico do Forno Novo. 
 
Vense de dar un novo paso para o despege definitivo de Buño como un pobo alfareiro moderno e rendible. Despois de que xa vai a facer un ano da presentación da nova imaxe da Olería de Buño, esperamos que este futuro ecomuseo faga que todo Buño sexa recoñecido como se merece. 
 
A Anduriña mensaxeira xa está voando.
 
A curiosa iniciativa da Asociación Supramunicipal Neria, xestora dun plan Leader II da UE, consistente en fletar un barco con forma de botella, xa está dando a volta á peninsula (no remolque dun flamante todoterreo), e promocionando a Costa da Morte. 
 
Decidida a 2ª Rexional, o interés está na 3ª da Liga da Costa. 
 
Como xa decíamos, celebración por todo o alto en Santa Comba, onde incluso o presidente foi duchado a altas horas da madrugada nun festa improvisada.
Partido crucial o Cabana - Montelouro desta xornada, os primeiros poden gañar o título e os segundos teñen moitas posibilidades de descender se perden.
 
 
 
Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com: 
boletín@finisterrae.com

 
Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
 
Feito da man de Abertal 
Información : costadamorte@finisterrae.com