|
|
![]()
|
|
A asiciación Neria, organizadora do evento, considérao todo un éxito. Información ofrecida por
Radio Nordés
A peregrinación, que saiu o xoves de Santiago de Compostela, despois de que os participantes asistisen á Misa do peregrino, rematou o domingo co treito entre Fisterra e Muxía. Para Plácido García, este é o máis atractivo do camiño xa que ten por marco o litoral da Costa da Morte, "algo que foi moi agradecido polos participantes, que puideron ve-lo mar despois de camiñar moitos quilómetros polo interior". Para o presidente de Neria, isto confirmou que "o camiño é o mellor escaparate turístico da nosa comarca". O punto e final á camiñata púxoselle cunha misa no santuario da Virxe da Barca, en Muxía, onde se congregaron unhas cento cincuenta persoas, que abarrotaron a igrexa. Alí, foille entregado un agasallo a José Antonio de la Riera, membro da Asociación de Amigos do Camiño. Tódolos participantes na peregrinación recibiron a Fisterrana acreditativa. Plácido Gracía insinuou a posibilidade de que o vindeiro ano tamén lles sexa entregado un documento en Muxía, que podería leva-lo nome de muxiana.
|
|
|||||||||||||||
Para subscribirse ao boletín
de finisterrae.com:
|