Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica
Olería de Buño, espacio oficialAquí pode gañar unha viradeira.
- Nº 90
conhecenos mellorentra
 
 

RADIO NORDÉS E A ASOCIACIÓN NERIA REIVINDICAN A PROLONGACIÓN DO CAMIÑO FRANCÉS ATA FISTERRA E MUXIA.

Dous veciños da Costa da Morte percorrerán a ruta dende Roncesvalles.

Información ofrecida por Radio Nordés

Os veciños de Mazaricos Xosé Antón Freire e Juan Manuel Pérez sairon xa de Roncesvalles onde iniciaron o seu percorrido en bicicleta polo Camiño Xacobeo ata Fisterra e Muxía, nunha iniciativa promovida por Radio Nordés-Cadena SER e coa que se pretende "reivindica-la prolongación do Camiño". O director de Radio Nordés, Pepe Formoso, asegurou que "o futuro turístico da comarca pasa polo recoñecemento deste treito, e nós, coma ente implicado na realidade da Costa da Morte estamos interesados en que se produza".

Día a día, os peregrinos relatarán as súas vivencias no Camiño cunha conexión co magazine "Vivindo a Costa da Morte", que estará patrocinado pola asociación Neria. O secretario da entidade, Xan García, lembrou na presentación da iniciativa que a Xunta se comprometera no ano 92 a invertir sete mil millóns de pesetas nos concellos polos que pasa o Camiño, uns investimentos que aínda están por chegar á Costa da Morte.

A chegada dos peregrinos e a celebración do V Congreso Xacobeo en Cee, no vindeiro mes de outubro serán, segundo García, o pistoletazo de saída a estas reivindicacións. Xan García, o secretario de Neria, que lembrou que a intención de fondo de iniciativas coma esta é acada-lo recoñecemento pola UNESCO da prolongación do Camiño, realizou tamén un chamamento á oficina do Peregrino en Santiago para que colabore na promoción do Camiño a Fisterra e Muxía.

 

NA COSTA DA MORTE, HAI MOITO QUE VER !!!

Novas do 1997


visite os nosos anunciantes


Planta Conserveira

Conservas Dani inaugurou as súas instalacións en Pedrafigueira (Carnota). A producción da planta, estimada nuns dous mil millóns de pesetas no primeiro ano. Realizarán a súa primeira saída ó exterior no mes de novembro, na Feira de Colonia (Alemania).


GPS

O sistema de navegación GPS, empregado pola práctica totalidade dos barcos da Costa da Morte, reiniciouse na noite do 20 ó 21 de agosto, e temíase o equivalente ó "efecto 2000" dos ordenadores. O axuste do sistema solventouse sen apenas incidencias na flota da bisbarra.


Manifestación palangre

Un milleiro de persoas mobilizáronse o sábado 21 polas rúas de Muxía, na primeira manifestación de apoio ó sector do palangre. Para o vindeiro mes o tema tratarase no Parlamento Galego e os mariñeiros muxiáns non descartan concentrarse ante a súa sede o día da reunión da Comisión de Pesca.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com