Congreso de asociacións xacobeasCongreso de Asociacións Xacobeas.
Congreso de semióticaComo asistir ó congreso de semiótica
Vº Simposio Pondaliano Vº Simposio Pondaliano
1999.
- Nº 92
conhecenos mellor
 
 

Pesca buscará solucións individualizadas os palangreiros de Muxía.

Técnicos da Consellería estudiarán as características de cada un dos barcos.

Información ofrecida por Radio Nordés

Balanzo positivo e optimista o que os mariñeiros muxiáns fixeron da reunión mantida este fin de semana cos representantes da Consellería de Pesca, para coñece-las posibles solucións á crise que está a vivir o sector do palangre. Unha vez confirmada a complicación de que o Goberno central conceda o cambio de arte, dende a Consellería asegúrase que se buscarán solucións individualizadas.

Unha comisión de técnicos de Pesca achegarase a partir da vindeira semana a Muxía para coñecer, in situ, as características dos catorce barcos que compoñen a flota plangreira e buscar, segundo afirman, saídas de futuro para cada un deles. Pesca asegura que é imposible atopar unha única solución para toda a flota, que pasaría pola pesca do peixe espada. Entre as posibilidades baralladas na xuntanza, os palangreiros destacan a pesca do marraxo e a quenlla, así como a posibilidade de que algunhas embarcacións pasen ó censo de artes menores.

Os mariñeiros muxiáns afirman que seguirán a loitar pola pesca do peixe espada. De feito, enviaron xa un fax ó Ministerio de Agricultura e Pesca para pedir unha reunión. As últimas noticias das que dispón o pósito falan de que a cota de peixe espada que solicitan foi xa adxudicada para pesca deportiva e capturas accidentais.

 

NA COSTA DA MORTE HAI MOITO QUE VER!!!

Novas do 1997


visite os nosos anunciantes

Chegada Peregrinos

A pasada semana remataron a súa viaxe os peregrinos de Radio Nordés-Cadena SER, que precorreron o Camiño Francés dende Roncesvalles ata Fisterra e Muxía, reivindicando a prolongación do Camiño pola Costa da Morte. Xosé Antón Freire e Juan Manuel Pérez invertiron doce días en realiza-los oitocentos quilómetros da ruta.

Congreso Xacobeo

O Ministro de Educación, Mariano Rajoy, confirmou a súa presencia no Congreso Internacional Xacobeo que se celebrará en Cee entre os días 9 e 12 de outubro. O encargado da apertura será o escritor galego Alfredo Conde.

Congreso de
Semiótica.

O Congreso Internacional da Federación Latinoamericana de Semiótica, que comezará en A Coruña o día 27, pasará pola Costa da Morte. Os participantes realizarán unha visita cultural ós concellos de Ponteceso, Camariñas e Fisterra, onde pronunciará unha conferencia o chileno Jorge Edwards. Intelectuais coma Umberto Eco ou Jean Baudrillard confirmaron tamén a súa asistencia.

+
Recorde que pode mercar os libros e guías para coñecer mellor a zona en Librería Trazos

Para subscribirse ao boletín de  finisterrae.com:
boletín@finisterrae.com

Lugares
Natureza
Lecer
Contos
Pousada
Economía
Feito da man de Abertal
Información : costadamorte@finisterrae.com