BUSCADOR






23º Ano - 5ª Época - 22/10/2019
O chapapote do Prestige é altamente contaminante e perigoso para a saúde.

A Gran Mancha de 11.000 Tn. prosegue o seu rumbo cara as costas galegas, ás que podería chegar moi posiblemente na vindeira fin de samana. Esta tarde atopábase a menos de 60 Km. de Fisterra.

Na revista alemana Stern saiu publicado que o Prestigre puido partir en dous logo de que a mariña portuguesa obrigara a cambiar bruscamente o rumbo aos remolcadores holandeses. Por outra parte o diario Lloyd"s List, especializado en información marítima, fixo público que fuel transportado polo Prestige fora suministrado polo británico Petrian Shipbrokers e é altamente contaminante e perigoso para a saúde ao dispoñer dunha cantidade ilegal de azufre: 2,58% sobre o 1% permitido en Europa e Estados Unidos.

O Goberno español admite finalmente que o Prestige segue a soltar fuel dende o fondo e envía un barco para investigar se o combustible procede dos motores ou dos depósitos; aínda que o Goberno portugués sostén que proceden dos tanques, dada a súa densidade.

A flota de arrastre con base na Coruña solicita a ampliación da veda para a pesca ata as 200 millas entre Ribeira e Cedeira ao detectaren fondos mariños contaminados ata unha profundidade de 500 m.. Os arrastreiros da Coruña confían que os de Celeiro, Burela e Muros os apoien. Os de Ribeira xa confirmaron que seguirán faenando; aínda que solicitan da Xunta que se prohiba pescar de noite ao non poder detectar as manchas de chapapote.

En Galicia aumentan as posturas críticas coa actuación do Goberno Central e Xunta; así como a movilización social, que dende a plataforma Nunca Máis organiza unha grande manifestación para o vindeiro domingo en Santiago a partir das 12 do medio día. 3.000 persoas maniféstanse xa en Muxía entre representantes da oposición, veciños da vila, sindicatos e voluntarios desprazados a Muxía para realizar tarefas de limpeza.

Hemeroteca