BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 19/09/2019
NÓS - FERNANDO CABEZA QUILES

E-LO PRIMEIRO 

Salgueiro, salgueriño, salgueiro 
árbore amiga, compañeiro 
que non te-la forza do carballo 
nin a talla do ameneiro 

Salgueiro, salgueiriño, salgueiro 
aínda que encorvadiño 
e sempre molladiño 
ti e-lo primeiro 

Árbore calada 
que desafia-las xiadas 
porque non te arredan 
as friaxes do inverno 

Salgueiro, salgueiriño, salgueiro 
árbore amiga, compañeiro 
aínda que moitos non reparan en ti 
ti e-lo primeiro 

Pasteleiro das abellas 
en xaneiro 
que convertes en lambetadas 
o inverno 

Gracias, salgueiriño, salgueiro 
árbore amiga, compañeiro 
curmán acuático do ameneiro 
eu reparei en ti 
este xaneiro 
e ben vin 
que en bota-las flores 
e-lo primeiro. 

Hemeroteca