BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 18/09/2019
NÓS - MARÍA CANOSA BLANCO

Chorei: 
sobre o manto negro 
do meu soño nocturno. 
Chorei bágoas salgadas de amargura, 
desas que non mollan 
porque non esvaran, 
densas, compactas, ... 
sucando fazulas. 

Mais o azul de lúa non se apagou. 

Na noite, 
non hai humidade seca. 
A lúa leva horas espertándome 
cos seus ollos inquisidores. 
Non hai ninguén na rúa. 
Simplemente, 
  porque chove. 

Hemeroteca