BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 19/09/2019
NÓS - VÍCTOR MANUEL GÓMEZ TRABA

Vente comigo ó meu leito 
e seremos amantes de inverno 
probaremos de todos os viños 
que ós infames lles sexan veleno 

mataremos de fame ós beatos 
e ós obscenos de amor mentireiro 
comeremos pastel e chourizo 
bailaremos borrachos no enterro 

Vente comigo ó meu leito 
e faremos mil cousas que anhelo 
gozaremos de rudos poemas 
que se formen no ardor do desexo 

e arderás de paixón como nunca 
bicarémonos xuntos sen medo 
quedaremos famentos se cadra 
e senón durmiremos no ceo 

queimarei a cizaña no monte 
plantarei o teu trigo na terra 
espantemos ó vil corvo negro 
famento que espera.

Hemeroteca