BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 17/09/2019
NÓS - SERXIO IGLESIAS

EVERYBODY HURTS 

O peito polo acougo das costelas 
abro nalgún deserto que te predica 
e sinto que noto as mellores cantigas 
chovendo cara a fóra por me ferires 
cara a fóra 
o peito que se abre pola porta das costelas 
nesta casa que nos odia 
Repaso o teu poema recollo o sobrado 
e plancho esta camisa 
Agora descubro o peito que se abre 
e voltan da ausencia agromando os peixes 
Chámome ó timbre e non estás 
pero non sufras 
No mundo pido outra cervexa 
e leo as noticias que non entendo 
Quedaron unhas bragas na mesita 
e o peito que se abre polo acougo das costelas. 

Hemeroteca