BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 22/07/2019
NÓS - XOÁN ALBERTE MOURE INSUA

Hai cousas inevitables: 

o día 
a noite 
a chuvia 
o vento 
ou amarte.   

* * * 

Aquela noite 
os teus beizos 
estaban fríos. 
mireite ós ollos 
achei a túa mirada 
e tiven medo.   

* * * 

Ás veces 
desprendías tanta paixón 
que me queimabas 
outras eras tan fría 
que o sangue volvíaseme xeo 
o teu clima era oceánico 
como a maré.

Hemeroteca