BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 18/09/2019
NÓS - HELENA PÉREZ GARCÍA

 Puiden chegar ata aquí 
aínda non sei como foi. 
A miña ialma dorida, 
indecisa e pensativa 
indaga nos sentimentos 
profundos das estrelas viaxeiras 
nesta doce noite de abril.   

* * * 

Quérote tanto, que daría a miña vida 
polo que un día nos uniu. 
Faime tanto dano escoitar o que non é. 
E calar como dicindo: 
"Coma quen, que un non ve". 
Síntome soa e ben triste 
por non te poder eu ter. 
Aínda que eu sei que me queres 
que non me vas esquecer. 
Trémame a ialma 
cada vez que penso 
que te puidese perder. 

Hemeroteca