BUSCADOR






23º Año - 5ª Época - 19/09/2019
NÓS - MARCOS SEOANE VÁZQUEZ

DESCUBRÍDEVOS! 

Voces escarmentadas 
doentes e nudadas, 
libros cultos 
agochados no recordo, 
sangue loitadora 
vixente na tristura. 

Estoupade 
abride o fervor, 
ensinade o cicatrizado 
rebentade as vosas inquedanzas 
descubride o cumio 
ensinade ó pobo 
o voso valor. 

Descubrídevos! 

Hemeroteca