BUSCADOR






21º Año - 5ª Época - 25/03/2017
DOLMEN DE DOMBATE

RESTOS MATERIAIS

Pódense ver no Museo Arqueológico Provincial de A Coruña.

No dolmen antigo pódese ver un colar ou pulseira en pedra verde e varios restos de cerámica.

No monumento grande apareciu oposible axuar: contas de colar en azabache, puntas e follas en cuarzo e sílex, machetas de pedra pulida e cerámicas lisas e decoradas de diversas etapas históricas. Serían ofrendas funerarias aos mortos para facer máis fácil a viaxe ao mási alá, sempre baixo a vixilancia da divindade protectora representada por unha fila de vinte ídolos en pedra, colocados estratexicamente na entrada do corredor.

SERVIZO DE ATENCIÓN AOS VISITANTES

Meses de xuño, xullo, agosto e setembro: todos os días.

Mañás: de 11.00 a 14.00 horas
Tardes: de 16.00 a 20.00 horas

PINTURAS E GRAVADOS

Foron o descubrimento máis importante das excavacións.

As pinturas atópanse no interior de todas as lousas verticais. Hai unha tendencia xeral á composición de espazos xeométricos formados por zig-zags, rectas paralelas, bandas horizontais e oblicuas bordeadas por puntos, líñas onduladas... sempre en negro ou vermello.

A análise dos seus compoñentes confirmou que para as pinturas vermellas se emplearon óxidos de ferro e para o negro carbón vexetal. A base sobre a que se pintaría está composta por caolín moi fino misturado con manteca de vaca.

Os gravados só aparecen no interior de tres lousas verticais da cámara.

Presentan liñas rectas e onduladas, destacando unha figura que se repite sete veces.

HISTORIA

Coas excavacións dos anos 1987, 1988 e 1989, baixo a dirección de J. Mª. Bello, o valor arqueolóxico do dolmen creciu extraordinariamente.

Descubriuse que hai dous monumentos superpostos: Dombate antigo (restos dun dolmen máis pequeno, anterior ao xa coñecido) e Dombate recente (de maior tamaño e datado entre o 3000 e 2500 a.C.).

Dombate antigo sería un dolmen de cámara simple, alargada e aberta con 9 lousas verticais.
Pode ser que algunhas das pedras deste pequeno dolmen serviran máis tarde para construir Dombate recente.

Consta dun túmulo de 24 m. de diámetro e 1,8 m. de altura cuberto, hoxe parcialmente, por unha coraza de pedras que chegaría á altura do corredor. Ten unha pranta poligonal formada por sete lousas verticais e unha gran tapa por riba.

Conta tamén cun corredor de entrada orientado cara o leste e formado por tres tramos.

Hemeroteca