BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 28/03/2017
Lugares

Bergantiños

Buño A vila de Buño debe o seu nome a esta pranta herbácea que medra en terreos de condicións arxilosas, e é precisamente esta característica xeolóxica o factor determinante do renome desta parroquia na economía e na cultura galega
Cabana de Bergantiños A parroquia de Borneiro posúe dous monumentos históricos excepcionais pola súa significación e pola súa antigüidade, pétreos testemuños da cultura e do primitivo hábitat das primeiras xentes galegas : a Anta de Dombate e o castro da Cidade Celta.
Caión - Laracha Pequeno porto pesqueiro e parroquia situada na entrada de Bergantiños, Caión orienta a súa economía e atractivos naturais cara ao próximo núcleo urbano da Coruña.
Carballo Cidade de maior fluxo comercial , a súa localización estratéxica entre A Coruña e Santiago converte a Carballo nunha das cidades máis importantes de Galicia.
Coristanco Corazón da bisbarra de Bergantiños, as terras de Coristanco contrastan a vida mariñeira da próxima costa coa soedosa calma dos seus montes e vales.
Corme Corme, un dos primeiros portos galegos, está ineludiblemente xungido á natureza salvaxe do Roncudo, emblemático cabo da Costa da Morte e principal centro percebeiro do mundo
Laxe Importante estación estival da Costa da Morte, a señorial vila de Laxe goza dun privilexiado emprazamento nestas turísticas terras de nobre linaxe e de salvaxe atractivo natural.
Malpica de Bergantiños Bruante e bravo, o Atlántico condiciona a inequívoca esencia mariña de Malpica, un dos principais portos pesqueiros galegos. As rúas da vila bulen co traxín de homes curtidos polo mar e coas redeiras e peixeiras que dan leda conversa ao peirao e á lonxa
Mens Pequena parroquia habitada por medio milleiro de veciños adicados principalmente á pesca e á agricultura, Mens lembra un nobre pasado vestixio do cal son hoxe testemuñas o seu castelo e templo parroquial, feudos outrora disputados entre o Arcebispado de Santiago, a Coroa, e os Condes de Altamira.
Ponteceso Ponteceso xace onde as doces augas do Anllóns mestúranse pracidamente co salgado océano. O arume nobre e atlántico desta terra de rumorosos piñeiros inspirou a Eduardo Pondal e Abente, Bardo de Bergantiños e poeta nacional de Galicia.
Traba A parroquia de Traba significaba, en tempos de maior esplendor do Reino de Galicia, centro de atención política, fogar, e escola dos monarcas que rexerían o destino do Reino.

Soneira e Xallas

Camariñas Refuxiada da bravura atlántica no corazón dun cadro natural de excepción, a importancia pesqueira de Camariñas é sobardada polo prestixio internacional da súa tradicional industria manufactureira de confección de Encaixe.
Camelle Pequeno porto pesqueiro aberto a un océano gris e bruante, a parroquia de Camelle prestou sempre axuda nos traballos de salvamento dos barcos accidentados nos seus perigosos baixos.
Mazaricos Nas terras de Mazaricos, unha das economías gandeiras máis importantes de Galicia, vívese ao ritmo calmo marcado pola prácida natureza do río Xallas.
Ponte do Porto Ponte do Porto encóntrase no fondo da ría de Camariñas, ás dúas beiras do río Grande, onde este mestura pracidamente as súas doces augas coas do salgado mar de Soneira.
Vimianzo O castelo de Vimianzo, outrora centro do poder dos Moscoso de Altamira, domina o fértil val de Vimianzo, terra das máis intensas manifestacións megalíticas de Galicia e deEuropa.
Zas-Baio Localizada no centro xeográfico onde converxen as comarcas de Xallas, Bergantiños e Soneira, as terras de Zas foron un dos principais centros de producción manufactureira de liño en Galicia.

Fisterra e Muros

Carnota O longo hórreo de Carnota dá celebridade a esta vila conserveira, paraxe de tránsito cara ás Rías Baixas, encadrada entre interminables praias e a maxestuosa altitude do celta Monte Pindo.
Cee Emprazada no interior da ría de Corcubión, Cee é hoxe unha moderna vila industrial e un dos principais motores das terras de Fisterra
Corcubión Encadrada no pintoresco marco paisaxístico das prácidas augas da ría de Corcubión, a pequena capital de partido xudicial é cita turística de recreo da comarca de fisterra.
Duio Antesala do fin do mundo, espalladas na península de Fisterra, as parroquias de lendaria historia de San Martiño e de San Vicente de Duio esencian o característico arume fisterrán de dramática beleza e soedade.
Dumbría Tras un dramático percorrido polo canón do Monte Pindo, o Xallas fúndese espectacularmente co Atlántico nun belido cadro natural no que se encadra unha das máis bariles batallas da mitoloxía galega.
Fisterra Cabo Fisterra foi considerado desde a historia remota o ponto máis occidental de Europa e polo tanto, o Fin do Mundo. A mística lenda bretemosa da derradeira ponta da terra e do Mare Tenebrosum, no cal habitarían inimaxinables monstros ou mesmo se encontraría o paradiso, orixinou todo tipo de especulacións sobre o alén e motivou a visita de peregriños de todas as condicións e crenzas.
Muxía Nas senlleiras e despoboadas terras do Fin do Mundo, o histórico porto de Muxía durme protexido polo santuario de Nosa Señora da Barca e polo Atlántico e sobrio Cabo Touriñán.
O Pindo Dominante e maxestuoso, o Monte Pindo reflexa a súa colorida figura espida sobre as augas atlánticas, impondo a súa presencia sobre mares bravos e fantásticas lendas.

Hemeroteca