BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 28/03/2017
Mapas
Cidade de orixe: destino:

Desde A Coruña

Tome a AC-552. Para visitar Malpica debe chegar ata Carballo e tomar a AC-442. Para visitar Ponteceso dende a AC-442 tome o desvío de Buño. En Ponteceso siga a AC-430 e poderá achegarse a Laxe e Cabana. Dende aquí continúe pola AC-430 ata Baio e volverá á AC-552. Dende aquí pode tomar a AC-404 que leva a Zas (dirección Santiago) ou continuar dirección Cee. Dende aquí, e para visitar Fisterra, tome o desvío da AC-445; Se quere visitar Carnota e Muros deberá tomar dende Cee a AC-550.

Desde Santiago de Compostela a Fisterra

Saia da capital compostelá pola AC-404 dirección Portomouro (14 quilómetros). Aquí xire á esquerda e continúe pola AC-404 ata chegar a Santa Comba (19 quilómetros). Nesta localidade debe tomar a AC-400 dirección A Pereira (7.5 quilómetros). De seguido, saia da Pereira pola AC-441 ata Berdoias (22 quilómetros). Nesta localidade do concello de Dumbría deberá tomar a AC-552 dirección Cee (17 quilómetros). Agora debe incorporarse á AC-445 para continuar dirección Corcubión (1.6 quilómetros) ata chegar a Fisterra (12.7 quilómetros).

Desde Santiago de Compostela á Zona Norte (Carballo)

Saia pola estrada AC-404 dirección Portomouro (14 quilómetros). Siga dereito e continúe pola AC-1914, que leva a Carballo. (31.6 quilómetros).

Desde Santiago de Compostela a la Zona Sur (Muros)

Tome a AC-543. Pouco antes de chegar ao lugar de Albariza (32.7 quilómetros) a estrada bifúrcase. Siga á dereita pola AC-311 dirección Serra de Outes ata chegar á AC-550, que leva a Muros (33.8 quilómetros) pola Costa.

Hemeroteca