BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/10/2017
Natureza

Espazos naturais

AREAL DE CARNOTA Derradeiras terras do Finisterrae, o complexo dunar de Carnota, unha das máis longas praias de Galicia, marca o tránsito da Costa da Morte cara a paisaxe das Rías Baixas.
BALDAIO E RAZO Baldaio é un ecosistema costeiro de considerable valor ecolóxico, definido por ser unha das maiores extensións dunares de Galicia e o polo seu conxunto de lagoas e marismas de grande importancia faunística.
CABO FISTERRA Ponta occidental de Europa, a península de Fisterra marca o linde meridional da Costa da Morte e o inicio de novas formas costeiras cara o sur : as Rías Baixas.
CABO RONCUDO Mítica ponta da Costa da Morte, o Cabo Roncudo veu incrementada a súa popularidade por ser berce do mellor percebe do mundo.
CABO TOURIÑÁN O potente e enérxico faro do Cabo Touriñán alerta constantemente da perigosidade destas terras e resiste os temporais da máis senlleira e soedosa Costa da Morte.
CABO VILÁN Resistente aos embates do Atlántico e ao vento do norte, o esgrevio rochedo do Vilán vixía unha terra de lendaria historia e un accesible espacio natural de salvaxe beleza.
ILLAS SISARGAS - CABO DE SANTO HADRIAN Chantada entre ondas bravías e fortes ventos, a reserva ecolóxica das Illas Sisargas acobilla unha grande riqueza natural na que destacan certas especies faunísticas e botánicas exclusivas en Galicia e incluso no sur de Europa
LAGOA DE ALCAIÁN - BRAÑA RUBIA A Braña Rubia ou Lagoa de Alcaián foi xunto coa Lagoa da Antela, ámbalas dúas case que desecadas na actualidade, unha das máis grandes da península ibérica.
LAGOA DE TRABA A lagoa de Traba está considerada como enclave privilexiado para a observación de aves de procedencia Neártica, especies que desde o continente americano son arrastradas ata as costas do Atlántico.
MONTE BRANCO ESTEIRO DO RIO ANLLONS Atípica formación dunar de ría, o esteiro do Anllóns é unha zona de elevado valor ecolóxico por mor da grande cantidade de elementos nutritivos que arrastra o río.
MONTES DO PINDO Dominando as terras do Fin do Mundo, o fogar das deidades galegas reflexa na súa rosa vestidura granítica luz e sombra sobre mar e xentes do finisterrae.

Restos arqueolóxicos

CASTRO “A CIDÁ” DE BORNEIRO Único castro escavado na zona occidental da provincia da Coruña e no que aínda non se encontraron indicios claros de romanización.
DOLMEN DE DOMBATE Considerado como a “catedral” do megalitismo galego, a súa popularidade creciu cando o bardo Eduardo Pondal lle dedicou un famoso poema en “Queixumes dos pinos” (1885).

Hemeroteca