BUSCADOR






21º Ano - 5ª Época - 18/10/2017
Naufraxios

O NAUFRAXIO DO SERPENT The Serpent, buque-escola da Mariña Real inglesa, partía o 8 de novembro de 1890 de Plymouth, con dirección a Serra Leona. Dous días máis tarde, ás 23 horas da noite, remata a súa viaxe no lugar que hoxe se coñece co nome do "Baixo do Serpent", na enseada de Trece.
NAUFRAXIOS DE FISTERRA Fisterra, a Fin do Mundo, olla día e noite o paso de innumerables barcos enfronte das súas costas. O mar de Fisterra, tempestuoso Atlántico, foi cemiterio de naves e homes en decenas de catástrofes marítimas, das que citamos a continuación.
RAQUEIROS E PRAIEIROS En tanto que a saxona piratería de mar pasou á historia como mito romántico, a piratería celta de terra aínda hoxe é negada, recoñecendo pouca xente a existencia destas figuras. Se os Bucaneiros saxóns gozaban de prestixio e do beneplácito da Coroa, os Raqueiros celtas agachaban as súas prácticas baixo a complicidade de señores feudais.
RAQUEIROS No Diccionario da Lengua Española de la Real Academia, defínese \"raquero\" como o que se ocupa en andar ao raque, dando a esta última palabra o significado de \"Acto de recoller os obxectos perdidos nas costas por algún naufraxio ou perda de carga\". Ocorre que en español, nin por suposto en galego, existe unha palabra que designe a aquel que se dedica a provocar naufraxios e isto sinxelamente porque non existiu nunca tal actividade, polo menos nas nosas costas.

Hemeroteca